Lingua ugarítica

A lingua ugarítica[1] é unha lingua semítica unicamente coñecida en forma de escritos atopados na antiga cidade de Ugarit en Siria desde o seu descubrimento por arqueólogos franceses en 1928.

Ugarítico
Falado en: Ugarit
Extinción: século XII aC
Familia: Linguas afroasiáticas
 linguas semíticas
  Ugarítico
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: uga
ISO 639-3: uga
Mapa
Status

Características

editar

O ugarítico foi "o meirande descubrimento literario da antigüidade desde o desciframento dos xeroglíficos exipcios e o cuneiforme de Mesopotamia". Os textos literarios descubertos en Ugarit inclúen a "Lenda de Keret", a "Épica Aqhat" (ou "Lenda de Danel"), o "Mito de Baal-Aliyan", e a "Morte de Baal", reveladores todos dunha mitoloxía cananea, que foi empregada polos estudosos do Antigo Testamento da Biblia para comprobar como moitas frases comúns, xiros literarios e expresións desta bebían en fontes comúns coas relixións cananeas que rodeaban aos hebreos.

O ugarítico era unha lingua semítica escrita en cuneiforme, adaptado para o seu uso como alfabeto. Este alfabeto ugarítico, que está entre os máis vellos que se levan descuberto, difire de todas as outras escritas cuneiformes en que é un alfabeto máis ca un silabario. O chamado alfabeto extenso ten 30 letras diferentes, mentres que o alfabeto curto ten 22. A simple vista un texto neste alfabeto semella moi similar en aparencia á escritura acadia ou asiria.

A lingua ugarítica testemúñase en textos desde o século -XIV ata o século -XII. A cidade foi destruída -1180/-1170.

O ugarítico foi falado por unha cultura cananea, e en ocasións aparece o emprego do termo 'cananeo' para referirse á lingua ugarítica. Está moi relacionada coas linguas cananeas. Con todo, desde a perspectiva da taxonomía lingüística, non é vista por algúns como lingua cananea especialmente pola ausencia da evolución cananea ā → ō; é preferíbel pensar que é un parente próximo da protolingua da que descenden as linguas cananeas e que se falaba máis ou menos ao mesmo tempo que esa protolingua.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Cyrus Herzl Gordon: The Ancient Near East. W.W. Norton & Company Press. 1965. ISBN 0-393-00275-6 p. 99.
  • Unha edición dos textos mitolóxicos: Gibson, John C.L.: Canaanite Myths and Legends. T. & T. Clark. 1977. ISBN 0-567-02351-6. esta obra contén a transliteracións dos textos ugaríticos e a tradución ao inglés dos mesmos.
  • Unha edición máis accesíbel e posta ao día de moitos dos textos ugaríticos (incluíndo introducións, transcricións, traducións ao inglés e notas) é: Parker, Simon B. (editor). Ugaritic Narrative Poetry: Writings from the Ancient World Society of Biblical Literature. Atlanta. Scholars Press. 1997. ISBN 0-7885-0337-5.
  • O dicionario da lingua ugarítica en inglés máis recente e extenso é: del Olmo Lete, Gregorio; & Sanmartín, Joaquín: A Dictionary of the Ugarític Language in the Alphabetic Tradition. Brill Academic Publishers. 2004. ISBN 90-04-13694-0. (2 vols), (orixinalmente en español).
  • Gramáticas: a máis completa da que dispoñemos é: J. Tropper: Ugartische Grammatik, AOAT 273, Münster, Ugarit Verlag, 2000. (en alemán). Unha gramática máis breve: Sivan, Daniel: A Grammar of the Ugaritic Language (Handbook of Oriental Studies/Handbuch Der Orientalistik). Brill Academic Publishers. 1997. ISBN 90-04-10614-6.
  • Unha pequena gramática introdutoria ao ugarítico en español é: Cunchillos & Zamora: Gramática ugarítica elemental. Ediciones Clásicas. Madrid. 1995. ISBN 84-7882-186-4.
  • Cunchillos: Visto desde Ugarit. El desciframiento de las culturas cuneiformes y otros relatos. Ediciones Clásicas. Madrid. 1994. ISBN 84-7882-147-3. Obra introdutoria en español ao mundo de Ugarit.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar