A lingua latgaliá é unha lingua báltica falada na parte leste de Letonia. Existe un debate de se se trata dunha lingua separada ou dun dialecto do letón.[2] A súa forma estandarizada está recoñecida e protexida como unha variedade da lingua letoa pola lei do país.[3] Segundo o censo de 2011, o 8,8% dos habitantes de Letonia, ou 164 500 persoas, falan latgalián acotío. 97 600 delas viven na rexión histórica de Latgalia, 29 400 en Riga e 14 400 na rexión de Riga.[4]

Latgalián
latgalīšu volūda
Falado en: Letonia, Rusia
Total de falantes: 150 000–200 000 (2009)
Familia: Indoeuropea
 Báltica
  Báltica oriental
   Letón
    Latgalián
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ltg
Mapa
Status

O latgaliá está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Druviete, Ina (22 de xullo de 2001). Politika.lv, ed. "Recenzija par pētījumu "Valodas loma reģiona attīstībā"" (en letón). Consultado o 20 de agosto de 2013. 
  3. "Valsts valodas likums" (en letón). Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  4. Tautas skaitīšana: Latgalē trešā daļa iedzīvotāju ikdienā lieto latgaliešu valodu

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.