Lingua buriata

variedade do mongólico falado polo pobo buriato, clasificado como lingua ou dialecto do mongol

A lingua buriata[2] (en cirílico буряад хэлэн buryaad khelen) é unha variedade do mongólico falado polo pobo buriato que é clasificado como lingua ou dialecto do mongol. A maioría dos falantes de buriato viven en Rusia, na fronteira norte de Mongolia, onde é lingua oficial da República dos Buriatos. Segundo o censo ruso de 2002, 353.113 persoas, dunha poboación de 445.175, podía falar buriato (72.3%). Existen polo menos outros 100.000 buriatos vivindo en Mongolia e na China.[3]

Buriato
буряад хэлэн
Outros nomes:buryaad khelen
Falado en: Rusia, norte de Mongolia e a China
Total de falantes: 264.000 en Rusia e Mongolia (censo de 2010)
65.000 na China (censo de 1982)
Familia: Mongólico
 Mongólico central
  Buriato
Escrita: Cirílico, mongol, vagindra
Status oficial
Lingua oficial de: República dos Buriatos
Códigos de lingua
ISO 639-1: uz
ISO 639-2: bua
ISO 639-3: varios:
bxu — Buriato chinés
bxm — Buriato mongol
bxr — Buriato ruso
Mapa
Status

O buriato está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Números

editar
Galego Mongol clásico Buriato
1 Un Nigen Negen
2 Dous Qoyar Xoyor
3 Tres Γurban Γurban
4 Catro Dörben Dürben
5 Cinco Tabun Taban
6 Seis Jirγuγan Zurγaan
7 Sete Doloγan Doloon
8 Oito Naiman Nayman
9 Nove Yisun Yühen
10 Dez Arban Arban
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Entrada buriato en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  3. Skribnik 2003: 102

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Poppe, Nicholas (1960): Buriat grammar. Uralic and Altaic series (No. 2). Bloomington: Indiana University.
  • Skribnik, Elena (2003): Buryat. In: Juha Janhunen (ed.): The Mongolic languages. Londres: Routledge: 102-128.
  • Svantesson, Jan-Olof, Anna Tsendina, Anastasia Karlsson, Vivan Franzén (2005): The Phonology of Mongolian. Nova York: Oxford University Press.
  • Walker, Rachel (1997): Mongolian stress, licensing, and factorial typology. (Online on the Rutgers Optimality Archive website: roa.rutgers.edu/view.php3?id=184.)