Lightning Bolt
Lightning Bolt é un dúo de noise rock estadounidense procedente de Providence, Rhode Island, composto por Brian Chippendale na batería e nas voces e Brian Gibson no baixo. O grupo formouse no ano 1994 cando os seus membros, por aqueles tempos un trío, asistían á Rhode Island School of Design. A banda asinou co selo Load Records en 1997, e editou o seu álbum de estrea ese mesmo ano.
Lightning Bolt | |
---|---|
Orixe | Providence, Rhode Island, Estados Unidos |
Período | 1994 - presente |
Xénero(s) | noise rock, rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | Load Records, Thrill Jockey |
Membros | Brian Chippendale Brian Gibson |
Antigos membros | Hisham Bharoocha |
Na rede | |
http://www.laserbeast.com/ | |
En total, Lightning Bolt leva editados sete álbums de estudio, varios sinxelos en vinilo e ten aparecido nun feixe de recompilatorios. Lightning Bolt son coñecidos polos seus directos, onde adoitan a tocar no chan en vez de nun escenario, co público ao redor deles cun son excesivamente alto e agresivo. A banda foi incluída no oitavo lugar da lista de Metacritic dos mellores artistas da década de 2000-09.[1]
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Lightning Bolt | 1997 | Load Records |
Ride the Skies | 2001 | Load Records |
Wonderful Rainbow | 2003 | Load Records |
Hypermagic Mountain | 2005 | Load Records |
Earthly Delights | 2009 | Load Records |
Fantasy Empire | 2015 | Thrill Jockey |
Sonic Citadel | 2019 | Thrill Jockey |
Notas
editar- ↑ "Ten Years of Metacritic: The Best Music of the Decade". Metacritic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2023. Consultado o 2023-04-20.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)