La Condamine é o segundo distrito máis antigo de Mónaco, logo de Monaco-Ville, actualmente é un dos dez barrios nos que se atopa dividido o Principado de Mónaco. Está situada ao noroeste do país, ao redor do porto de Mónaco, cuxo verdadeiro nome é Porto de Hércules.

Modelo:Xeografía políticaLa Condamine
La Condamine (fr)
La Condamina (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°44′05″N 7°25′18″L / 43.734608, 7.421552
EstadoMónaco
Commune of Monaco (en) Traducircomuna de Mónaco Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.694 (2008) Editar o valor en Wikidata (12.486,35 hab./km²)
Xeografía
Superficie0,295843 km² Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal98000 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2MC-CO Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Localización en Mónaco

editar

Por definición ampla, é un dos catro barrios tradicionais. Pero, máis especificamente é un dos dez modernos "Distritos de Mónaco", a súa área tradicional incluía tamén os modernos distritos de Moneghetti, Les Révoires e La Colle.

Historia e características

editar

Foi fundada en 1297 e o seu nome provén da Idade Media, facendo referencia á terra cultivable que se atopa aos pés dun pobo ou dun castelo. Hoxe en día o porto de Mónaco e un próspero distrito financeiro dos que 0.052 km² se atopan na Condamine, logo dunha recente ampliación do Porto de Hercules que se completou en 2010.

Ten 16.213 habitantes segundo o censo de 2000, e entre os seus atractivos atópanse o mercado municipal da Praza de Armas ou a rúa Princess Caroline, peonil e con grande actividade comercial. Tamén se destaca a capela de Santa Devota, construída no século XI e restaurada no século XIX, onde se celebran todos os 27 de xaneiro cerimonias na súa memoria.

O Gran Premio de Mónaco no Circuíto de Mónaco comeza na Condamine no bulevar Alberte I e entra en Monte Carlo antes de regresar ao distrito.

O iate que pertence ao Príncipe de Mónaco polo xeral atraca no gran porto da Condamine, Porto Hércules.

O complexo deportivo municipal da Condamine, o Estadio Náutico Rainiero III consiste nunha piscina olímpica climatizada de auga salgada, trampolíns, e un escorregadoiro.[1] A piscina convértese nunha pista de xeo de decembro a marzo.

A única estación de tren de Mónaco, a Gare de Monaco-Monte-Carlo atópase na Condamine.[2]

  1. "Rainer III Nautical Stadium". Marie de Monaco - Rainier III Nautical Stadium. Marie de Monaco. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2013. Consultado o 25 May 2013. 
  2. History of Monaco station from the official site Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en francés)