A LNB Pro B (nome completo: Ligue Nationale de Basket Pro B; do francés: Liga Nacional de Baloncesto Pro B) é a segunda máxima categoría do baloncesto profesional masculino en Francia. Organizada pola Ligue Nationale de Basket (LNB) desde 1987, a competición existe desde o ano 1932. Os dous primeiros equipos da competición ao final da temporada ascenden á LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto galo.[1]

Modelo:Competición deportivaLNB Pro B
Nome na lingua orixinal(fr) Championnat de France de basket-ball de deuxième division Editar o valor en Wikidata
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto masculino Editar o valor en Wikidata
OrganizadorLigue Nationale de Basketball Editar o valor en Wikidata
Liga superiorLNB Pro A e Ligue Nationale de Basketball Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorNationale Masculine 1 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes18 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísFrancia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1994 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaoutubroEditar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficiallnb.fr Editar o valor en Wikidata

Formato

editar

Todos os 18 equipos da Pro B enfróntanse entre si dúas veces durante a liga regular. O primeiro equipo da liga regular ascende á Pro A, mentres que os seguintes oito mellores clasificados disputan un playoff para decidir a outra praza de ascenso. Nas eliminatorias, os cuartos e as semifinais son a ida e volta, mentres que a final é a partido único. Por outra banda, os dous últimos clasificados da competición descenden á liga afeccionada Nationale 1.

Equipos

editar
Localización dos equipos da LNB Pro B 2022–23

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022–23 da LNB Pro B.

Equipo Cidade Rexión Pavillón Capacidade
Aix-Maurienne Aix-les-Bains   Auvernia-Ródano-Alpes Halle Marlioz 1.500
Angers Angers   Países do Loira Salle Jean-Bouin 3.700
Antibes Antibes   Provenza-Alpes-Costa Azul Azur Arena 5.249
Boulazac Boulazac   Nova Aquitania Le Palio 5.200
Chalon/Saône Chalon-sur-Saône   Borgoña-Franco Condado Le Colisée 5.000
Châlons-Reims Reims   Gran Leste Complexe René-Tys 3.000
Denain Denain   Alta Francia Salle Jean Degros 1.926
Évreux Évreux   Normandía Salle Jean Fourré 3.290
Gries-Souffel Gries   Gran Leste Espace Sport La Foret 1.450
La Rochelle La Rochelle   Nova Aquitania Salle Gaston-Neveur 1.994
Lille Lille   Alta Francia Palais des sports Saint-Sauveur 1.835
Nantes Nantes   Países do Loira Complexe Sportif Mangin-Beaulieu 2.200
Orléans Orleáns   Centro-Val de Loira Palais des sports d'Orléans 3.222
Quimper Quimper   Bretaña Salle Michel Gloaguen 2.049
Saint-Chamond Saint-Chamond   Auvernia-Ródano-Alpes Halle André Boulloche 1.300
Saint-Quentin Saint-Quentin   Alta Francia Palais des Sports Pierre Ratte 3.800
Saint-Vallier Saint-Vallier   Auvernia-Ródano-Alpes Complexe sportif des deux Rives 2.132
Vichy-Clermont Vichy   Auvernia-Ródano-Alpes Palais des Sports Pierre Coulon 3.300

Palmarés

editar

Honneur (Honra)

 

Excellence

 

Nationale 2 (Nacional 2)

   
Temporada Campión Promoción
A Nationale 2 muda o nome a Nationale 1B
1987-88 Montpellier PSC Montpellier PSC, Saint-Quentin BB, BCM Gravelines
1988-89 Reims CB Reims CB, Chorale Roanne
1989-90 SCM Le Mans SCM Le Mans, JDA Dijon
1990-91 Lyon Lyon
1991-92 Levallois SC Levallois SC, ESPE Châlons-en-Champagne
A Nationale 1B muda o nome a Nationale A2
1992-93 ASA Sceaux ASA Sceaux
A Nationale A2 muda o nome a Nationale Pro B
1993-94 SLUC Nancy SLUC Nancy, Strasbourg IG
1994-95 Besançon BCD Besançon BCD, ALM Évreux
1995-96 Toulouse Spacer's Elan Sportif Chalonnais
1996-97 Maurienne Savoie Toulouse Spacer's
1997-98 Levallois SC (2) Levallois SC
1998-99 Strasbourg IG Strasbourg IG, ESPE Châlons-en-Champagne
1999-00 JL Bourg-en-Bresse JL Bourg-en-Bresse, STB Le Havre
2000-01 CSP Limoges CSP Limoges, Hyères Toulon VB
2001-02 JA Vichy JA Vichy, Chorale Roanne
2002-03 Reims CB (2) Reims CB, Besançon BCD
2003-04 Stade Clermontois Basket Stade Clermontois Basket, ESPE Châlons-en-Champagne
2004-05 Étendard de Brest Étendard de Brest, SPO Rouen
2005-06 Entente Orléanaise Besançon BCD, Entente Orléanaise
2006-07 JA Vichy (2) JA Vichy
2007-08 Besançon BCD (2) SPO Rouen Basket, Besançon BCD
2008-09 Poitiers Paris-Levallois, Poitiers
2009-10 Élan Béarnais Pau-Lacq-Orthez Élan Béarnais Pau-Lacq-Orthez, Limoges CSP
2010-11 Nanterre Nanterre, Dijon
2011-12 Limoges Limoges, Boulazac
2012–13 Olympique Antibes Olympique Antibes, Élan Béarnais Pau-Orthez
2013–14 Boulogne-sur-Mer Boulogne-sur-Mer, Bourg-en-Bresse (Rouen, Châlons-Reims)1
2014–15 AS Monaco Olympique Antibes
2015–16 Hyères-Toulon Var Basket ESSM Le Portel
1Na temporada 2013–14 ascenderon dous equipos máis debdio á ampliación da Pro A de 16 a 18 equipos.
  1. "Organisation / Staff". LNB (en francés). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2011. Consultado o 15 de setembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar