Jumanji

Filme de 1995 dirixido por Joe Johnston

Jumanji é un filme estadounidense dirixido por Joe Johnston que se estreou en 1995. É unha comedia-fantasía sobre un xogo de mesa sobrenatural que fai que os animais da xungla e outras criaturas se materialicen cada vez que un xogador tira os dados. Baséase no libro de ilustracións Jumanji de Chris Van Allsburg.[2] O guión é obra de Greg Taylor, Jonathan Hensleigh e Jim Strain e está protagonizado por Robin Williams, Bonnie Hunt, Kirsten Dunst, Bradley Pierce, David Alan Grier, Jonathan Hyde e Bebe Neuwirth. A historia céntrase en Alan Parrish, un rapaz que queda atrapado nun xogo de mesa mentres xogaba coa súa amiga Sarah Whittle en 1969. Vinte e seis anos despois, os irmáns Judy e Peter Shepherd atopan o xogo, comezan a xogar e sen querer liberan a Alan, agora un adulto. Despois de buscar a Sarah, os catro deciden rematar o xogo para revertir toda a destrución que causou.

Jumanji
Ficha técnica
Título orixinalJumanji
DirectorJoe Johnston
ProdutorRobert W. Cort
Ted Field
Larry J. Franco
GuiónGreg Taylor
Jonathan Hensleigh
Jim Strain
Baseado enJumanji de Chris Van Allsburg
IntérpretesRobin Williams
Kirsten Dunst
David Alan Grier
Adam Hann-Byrd
Bonnie Hunt
Jonathan Hyde
Bradley Pierce
Bebe Neuwirth
MúsicaJames Horner
FotografíaThomas Ackerman
MontaxeRobert Dalva
EstudioInterscope Communications
Teitler Film
DistribuidoraTriStar Pictures
Estrea1995
Duración104 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia e infantil
Orzamento65 000 000 dólares[1]
Recadación262 797 249 dólares
Na rede
https://www.sonypictures.com/movies/jumanji
IMDB: tt0113497 Filmaffinity: 434111 Allocine: 13970 Rottentomatoes: m/1068044-jumanji Mojo: jumanji Allmovie: v135482 TCM: 79977 Metacritic: movie/jumanji TV.com: movies/jumanji BNE: XX5500051 Netlix: 660954 Editar o valor en Wikidata

O filme foi estreado o 15 de decembro de 1995. Malia a morna acollida da crítica, foi un grande éxito de recadación, conseguindo $263 millóns en todo o mundo sobre un orzamento de $65 millóns e converteuse no décimo filme con maior recadación de 1995. Industrial Light & Magic foi o encargado de crear os gráficos por ordenador e os animatronics para os efectos especiais.

No 2005, estreouse un filme como sucesor espiritual de Jumanji, titulado Zathura: A Space Adventure, e que tamén foi adaptado dun libro de Van Allsburg que estaba máis directamente relacionado co libro de Jumanji. Unha secuela, Jumanji: Welcome to the Jungle, foi estreada o 20 de decembro de 2017.

Sinopse

editar

Alan Parrish queda atrapado durante 25 anos nun xogo de mesa máxico e moi antigo, Jumanji. Cando finalmente é liberado por dous nenos, unha manda de animais exóticos tamén é liberada. Alan deberá salvar a súa vila da destrución.

Personaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar