Juan Antonio Moguel
Juan Antonio Moguel Urquiza, nado en 1745, finado en 1804, foi un sacerdote e escritor vasco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1740 Eibar, España |
Morte | 13 de maio de 1804 (63 anos) Markina-Xemein, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | escritor, sacerdote católico, inquisidor |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pais | Juan Ignacio Moguel Almazan e Gabriela Ignazia Urkiza Aranzabal |
Moguel foi unha figura relevante da intelectualidade vasca do século XIX. Realizou diversos estudos sobre a orixe da lingua vasca e a súa relación coas outras linguas prerrománicas e románicas. Realizou diversas obras en éuscaro e en castelán. Entre elas destaca Peru Abarca, que se pode considerar a primeira novela escrita en éuscaro.
Biografía
editarNaceu en Éibar, Guipúscoa, País Vasco en 1745. Foi ordenado sacerdote en 1770 e destinado como párroco a Xemín, barrio de Markina. Foi membro da "Real Sociedad Bascongada de Amigos del País" e mantivo abundantes relacións coa elite intelectual daquel tempo (Peñaflorida, Samaniego, Astarloa, J.M. Aguirre, Humboldt ou Vargas Ponce). Humboldt dicía que Juan Antonio Moguel é un dos lingüistas máis doutos de Biscaia. Morreu en Markina (Biscaia) en 1804 á idade de 59 anos.
Foi tío de dous coñecidos escritores en éuscaro: Joan Jose e Bizenta Moguel.
Obras
editarA obra de Juan Antonio Moguel foi extensa e divídese tradicionalmente pola temática dos seus traballos:
Lingüística
editar- "Historia y geografía de España ilustrada por el idioma Vascuence" (1800)
- "Cartas y disertaciones de D. Juan Antonio Moguel sobre la lengua vascongada" publicadas en Alemaña en 1847 e en Madrid
Nestes dous estudos realizados en castelán sobre a historia e o éuscaro expuxo a tese do vascoiberismo, onde se emparentaba o éuscaro coas linguas ibéricas prerromanas e doutros lugares de Europa. Xustificaba o seu discurso co estudo da etimoloxía do éuscaro e a toponimia peninsular.
- "Nomenclatura de voces guipuzcoanas, sus correspondientes vizcaínas y castellanas, para que el puedan entender ambos dialectos": Esta obra escribiuna defendendo e aclarando o uso do éuscaro e as relaciones entre distintos dialectos, así como co castelán e o latín.
- "Demostración práctica de la pureza, fecundidad y elocuencia del idioma Bascuence contra las preocupaciones de varios escritores extraños y contra algunos Bascongados, que sólo tienen noticia superficial del idioma patrio"(1802): contén traducións ao éuscaro guipuscoano de discursos de autores latinos recoñecidos.
Relixión
editarEscribiu e traduciu diferentes obras relixiosas, a primeira no dialecto guipuscoano e as outras dúas en biscaíño:
- "Konfesio eta Komunioko Sakramentuen gañean erakasteak" (1800)
- "Konfesio ona" (1803)
- "Kristinauaren jakinbidea" (1805)
Filosofía
editar- "Pascalen gogamenak" (1899): Escrito en dialecto biscaíño, Resurrección María de Azkue publicou este traballo de tradución na revista Euskaltzale. Recóllense as reflexións filosóficas de Blaise Pascal, escritor francés do século XVII.
Literatura
editar- "Alegiak" (1980, 1995): A maioría de escritos que se recollen baixo este nome son traducións e adaptacións das fábulas de Esopo e Fedro.
- "El doctor Peru Abarca, catedrático de la lengua bascongada en la Universidad de Basarte o Diálogos entre un rústico solitario bascongado y un barbero callejero llamado Maisu Juan" (1802): Considerada a primeira novela en éuscaro, é a obra máis coñecida deste autor, a súa obra capital. Foi impresa oitenta anos despois de ser escrita e foi publicada en castelán en 1899. É coñecida como Peru Abarka. Mediante os diálogos entre un sabio e virtuoso labrego e un barbeiro ignorante, Mogel ofrece un estimable tratado de etnografía, dando a coñecer os nomes de animais e plantas, os diferentes traballos e os hábitos sociais no País Vasco rural do século XIX.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Enciclopedia General Ilustrada del País Vasco. Editorial Auñamendi (1996) ISBN 84-7025-147-3.[cómpre nº de páxina]
- 2.Euskara eta Literatura. Elkar. Elgoibarko Euskara Mintegia.