Chimé Chapela
avogado e político galego
(Redirección desde «José Chapela»)
José Chapela González, coñecido como Chimé, nado en 1944 e finado en Madrid o 25 de xullo de 2016, foi un avogado e político comunista galego, alcalde de Cangas logo da recuperación da democracia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 |
Morte | 25 de xullo de 2016 (71/72 anos) Madrid, España |
Alcalde de Cangas | |
1979 – 1982 – Tucho Perete → | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Traxectoria
editarAvogado de profesión, nas eleccións municipais de 1979 encabezou a candidatura electoral do PCG. Con ela obtivo cinco concelleiros, por detrás do candidato Antonio Velloso da UCD, e que ademais era o presidente do Alondras. Co apoio do BN-PG (3 concelleiros), Unidade Galega (3) e PSOE (1), conseguiu facerse coa vara de mando municipal.
Como profesionalmente traballaba en Madrid durante o mandato (1982), dimitiu e substituíuno Tucho Perete. El trasladouse a Porto Rico aínda que posteriormente regresou a España.
Predecesor: Fortunato Graña Núñez |
Alcalde de Cangas 1979 - 1982 |
Sucesor: Antonio González Molanes |