Xoana Seymour

terceira muller de Henrique VIII de Inglaterra e nai de Eduardo VI
(Redirección desde «Jane Seymour»)

Xoana Seymour tamén coñecida como Jane Seymour (150924 de outubro de 1537) foi a terceira muller de Henrique VIII de Inglaterra, e nai do futuro rei Eduardo VI. Finou 12 días despois de dar a luz ao futuro rei.

Modelo:BiografíaXoana Seymour

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Jane Seymour Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1508 Editar o valor en Wikidata
Morte24 de outubro de 1537 Editar o valor en Wikidata (28/29 anos)
Hampton Court, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da morteInfecção puerperal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacapela de San Xurxo Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndama de compañía Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña consorte Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Seymour (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHenrique VIII de Inglaterra (1536 (Gregoriano)–1537 (Gregoriano)), morte Editar o valor en Wikidata
FillosEduardo VI de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
PaisJoão Seymour Editar o valor en Wikidata  e Margery Wentworth Editar o valor en Wikidata
IrmánsIsabel Seymour
Henrique Seymour
Tomás Seymour, 1.º Barão Seymour de Sudeley
Eduardo Seymour, 1.º Duque de Somerset Editar o valor en Wikidata
ParentesMaría I de Inglaterra, fillastra
Isabel I de Inglaterra, fillastra Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Seymour-225 Find a Grave: 1966 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Seymour foi a cuarta filla dos 9 fillos que tiveron Xoán Seymour de Wiltshire e Margarida Wentworth. Logo de servir coma asistente de Catarina de Aragón e de Ana Bolena, esposas ambas as dúas de Henrique VIII de Inglaterra, Xoana espertou o interese do rei e mailo favor deste ao seguir a mesma táctica cortesá de Ana Bolena, de se negar reiteradamente ás propostas sexuais do rei co fin de aumentar o seu desexo até o punto de conseguir os mesmos favores que conseguira a arteira Ana. A diferenza dos seus irmáns e da súa predecesora Ana Bolena, non simpatizaba coas ideas relixiosas protestantes. O desexo do rei Henrique de casar con ela acelerou as falsas acusacións de adulterio contra a, aínda daquela, raíña Ana. Así, finalmente Xoana e Henrique casaron no palacio de York, o 30 de maio de 1536, tan só 11 días despois da execución de Ana Bolena na Torre de Londres. Decontado, Xoana ficaría grávida.

A preñez espertou en Xoana unhas arelas irrefreábeis de comer perdices. O rei ordenaba traelas dende Calais e Flandres. Engordou terribelmente e tivéronse que amañar todos os seus vestidos. Xoana deu a luz a un neno, o futuro rei Eduardo VI, o 12 de outubro de 1537. Contraeu febres puerperais e morreu doce días máis tarde, o 24 de outubro de 1537. Está enterrada no Castelo de Windsor.

Os dous ambiciosos irmáns de Xoana, Tomás e Eduardo, abusaron da súa memoria para aumentaren as súas propias fortunas. Tras a morte de Henrique, Tomás contraeu matrimonio coa súa viúva, Catarina Parr (sexta e derradeira esposa de Henrique). Durante o período de rexencia de Eduardo VI, Eduard Seymour foi o seu protector e o gobernante real de Inglaterra. Ambos os dous irmáns foron axustizados.

Das seis mulleres que tivo o rei Henrique VIII, Xoana Seymour foi considerada polo mesmo rei coma súa "verdadeira" esposa, ao ser a única que lle deu o herdeiro home que tan desesperadamente desexaba. Tanto era así, que á morte desta a corte ao completo gardou loito durante certo tempo seguindo a orde do rei. E cando Henrique faleceu, sepultárono ao lado de súa esposa, Xoana Seymour, na Capela de San Xurxo sita no Castelo de Windsor.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Ana Bolena
Raíña Consorte de Inglaterra
1536 - 1537
Sucesor:
Ana de Cleves