Intranet
Intranet é unha rede de ordenadores privada que utiliza os protocolos TCP/IP. Pode ter saída a Internet ou non. No caso de ter saída a Internet, o enderezamento IP permite que os host con enderezos IP privados poidan saír a Internet pero impide o acceso dos host internos a Internet. Dentro dunha Intranet pódense configurar todos os servizos típicos de Internet (web, correo, mensaxaría instantánea,etc) mediante a instalación dos correspondentes servidores. As intranets son como unha Internet en miniatura, ou o que é o mesmo, Internet é unha intranet pública xigantesca.
Algúns dos beneficios do uso dunha intranet nunha empresa son: a produtividade, a mellora da comunicación interna, a optimización dos procesos e a xestión da información corporativa. A mellora da produtividade débese a que os empregados poden acceder a todas as ferramentas e información que precisan para realizar de forma eficaz as súas tarefas. Moitas empresas, para optimizar procesos, utilizan intranets para automatizar calquera cousa a partir de procesos sinxelos como avaliacións de empregados a procesos sofisticados como CRM e xestión de proxectos. A intranet serve como un lugar centralizado para capturar información corporativa importante. As ferramentas como a busca aseguran que os empregados da rede da empresa poidan atopar só a información que precisan para realizar os seus traballos [1].
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2017. Consultado o 06 de xullo de 2017.