Inglés antigo
O inglés antigo ou anglosaxón, (Ænglisc na propia lingua) é unha forma temperá da lingua inglesa que se falaba en boa parte do que hoxe é Inglaterra entre os anos 425 e 1125 aproximadamente. Era unha lingua flexiva con moita liberdade na orde das palabras, ao contrario do inglés actual. Gardaba unha grande semellanza con outras linguas xermánicas, especialmente co frisón antigo e o saxón antigo, porque aínda non recibira a influencia do francés que a partir do século XII provocaría o cambio do inglés antigo ao medio. Cos normandos no poder, o inglés antigo perdeu o prestixio que tivo anteriormente, o que provocou que se desmembrara en multitude de dialectos, dialectos coñecidos co nome de inglés medio.
Inglés antigo / Anglosaxón Ænglisc | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Anglisc, Englisc | |
Falado en: | Inglaterra (excluíndo os extremos suroccidental e noroccidental) e os límites con Escocia e Gales | |
Total de falantes: | Lingua morta (†) | |
Familia: | Xermánica Xermánico occidental Ingvaeónica Anglo-frisoa Ánglica Inglés antigo / Anglosaxón | |
Escrita: | Futhorc, posteriormente alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ang | |
ISO 639-3: | ang
| |
Mapa | ||
O inglés antigo sinalado en cor amarela. | ||
Status | ||
O alfabeto do inglés antigo aínda utilizaba algúns símbolos rúnicos, aínda que a maior parte dos seus caracteres procedían do alfabeto latino. Quedan fragmentos da literatura en anglosaxón, que tiveron grande importancia na reconstrución deste idioma. A obra literaria máis importante en lingua anglosaxoa que chegou aos nosos días é o "Beowulf", poema épico que conta as aventuras dese heroe e que reúne el mesmo preto do 10% de toda a literatura anglosaxoa coñecida. Un dos maiores especialistas do século XX neste idioma foi o afamado escritor J. R. R. Tolkien.
Desenvolvemento
editarDurante os aproximadamente 700 anos comprendidos neste período, dende as migracións anglosaxoas que deron lugar ao nacemento de Inglaterra no século V, ata algún tempo despois da conquista normanda de 1066, cando sufriu unha importante transición, a lingua asimilou algúns aspectos daqueles cos que entrou en contacto, como as linguas célticas e os dous dialectos do nórdico antigo falados polos viquingos, os cales dominaban grandes extensións de terra no norte e leste de Inglaterra, coñecidas como Danelaw.
Exemplos
editarO Noso Pai
editarEste texto do Noso Pai preséntase na forma estandarizada do dialecto saxón occidental. Inclúese unha versión en inglés moderno (datada no 1928 e recollida no Libro de Oración Común) para facilitar a súa comparación.
Liña | Anglosaxón | Inglés moderno |
---|---|---|
1 | Fæder ure þu þe eart on heofonum, | Our Father, who art in heaven, |
2 | Si þin nama gehalgod. | Hallowed be thy name. |
3 | To becume þin rice, | Thy kingdom (ric, cf. alemán Reich) come, |
4 | gewurþe ðin willa, on eorðan swa swa on heofonum. | Thy will be done, on earth as it is in heaven. |
5 | Urne gedæghwamlican hlaf syle us todæg, | Give us this day our daily bread, |
6 | and forgyf us ure gyltas, swa swa we forgyfað urum gyltendum. | and forgive us our trespasses, as we forgive those who trespass against us. |
7 | And ne gelæd þu us on costnunge, ac alys us of yfele. | And lead us not into temptation, but deliver us from evil. |
8 | Soþlice. | Amen. |
Carta de Canuto
editarEste documento é unha proclamación do rei Canuto o Grande ao seu earl Thorkell o Alto e ao pobo inglés escrita en 1020. Ao ser prosa, representa mellor que o exemplo anterior a estrutura normal do inglés antigo.
Cnut cyning gret his arcebiscopas and his leod-biscopas and Þurcyl eorl and ealle his eorlas and ealne his þeodscype, twelfhynde and twyhynde, gehadode and læwede, on Englalande freondlice. |
And ic cyðe eow, þæt ic wylle beon hold hlaford and unswicende to godes gerihtum and to rihtre woroldlage. |
Ic nam me to gemynde þa gewritu and þa word, þe se arcebiscop Lyfing me fram þam papan brohte of Rome, þæt ic scolde æghwær godes lof upp aræran and unriht alecgan and full frið wyrcean be ðære mihte, þe me god syllan wolde. |
Nu ne wandode ic na minum sceattum, þa while þe eow unfrið on handa stod: nu ic mid godes fultume þæt totwæmde mid minum scattum. |
Þa cydde man me, þæt us mara hearm to fundode, þonne us wel licode: and þa for ic me sylf mid þam mannum þe me mid foron into Denmearcon, þe eow mæst hearm of com: and þæt hæbbe mid godes fultume forene forfangen, þæt eow næfre heonon forð þanon nan unfrið to ne cymð, þa hwile þe ge me rihtlice healdað and min lif byð. |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inglés antigo |
Existe unha versión da Wikipedia en Inglés antigo |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Peter S. Baker, Introduction to Old English, Oxford 2003, ISBN 0-631-23454-3.
- A. Campbell, Old English Grammar, Oxford 1959.
- Fausto Cercignani, The Development of */k/ and */sk/ in Old English, Journal of English and Germanic Philology 82 (1983), 313–323.
- J. R. Clark Hall e H. D. Merritt, A Concise Anglo-Saxon Dictionary, Cambridge 1969.
- Charles F. Hockett, The stressed syllabics of Old English, Language 35 (1959), 575–597.
- Otto Jespersen, A Modern English Grammar on Historical Principles, Copenhagen 1909–1949.
- Sherman M. Kuhn, On the Syllabic Phonemes of Old English, Language 37 (1961), 522–538.
- Roger Lass, Old English: A historical linguistic companion, Cambridge 1994, ISBN 0-521-43087-9.
- Bruce Mitchell e Fred C. Robinson, A Guide to Old English, Oxford 2001, ISBN 0-631-22636-2.