As Illas Aleipata son un grupo de catro illas deshabitadas da zona oriental (a histórica rexión Aleipata), da illa Upolu en Samoa, cunha área total de 1,68 km²:

Modelo:Xeografía físicaIllas Aleipata
Imaxe
Tipoarquipélago Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAtua, Samoa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 14°04′20″S 171°24′40″O / -14.0722, -171.4111
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude195 m Editar o valor en Wikidata
Superficie1,68 km² Editar o valor en Wikidata

Namua e Fanuatapu atópanse no bordo exterior da franxa dos arrecifes de coral de Upolu, con distancias de 0,7 km e 2,5 km da Upolu continental, respectivamente. Nu'utele e Nu'ulua están de 4 a 6 km máis ao sur, fóra da franxa de arrecifes, a unha distancia de 1,4 km 3.5 km de Cabo Tapaga, o sueste da punta de Upolu.

Estes illotes son restos de cráteres volcánicos. Só Namua está aberta para os visitantes (Namua Island Resort). Fanuatapu, a illa máis oriental, ten un faro. As illas son importantes lugares de aniñación de aves mariñas.