A haptocorrina tamén coñecida como transcobalamina-1 (TC-1) ou cobalofilina[1] é unha proteína transcobalamina que nos humanos está codificada no xene TCN1.[2] A función esencial da haptocorrina é a protección da vitamina B12, que é moi sensible á acidez, dentro do estómago, ata que é transportada ao duodeno.

TCN1
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
Identificadores
externos
LocusCr. 11 q12.1
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
6947 n/a
Ensembl
Véxase HS n/a
UniProt
P20061 n/a
RefSeq
(ARNm)
NM_001062 n/a
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001053 n/a
Localización (UCSC)
Cr. 11:
59.85 – 59.87 Mb
n/a
PubMed (Busca)
6947


Función

editar

A haptocorrina (HC), tamén chamada proteína R, factor R (nomes que tamén reciben outras proteínas) ou previamente transcobalamina I, é unha glicoproteína producida polas glándulas salivares en resposta á inxestión de comida. Esta proteína únese fortemente á vitamina B12 nun mecanismo intricado e necesario para protexer esta vitamina do ambiente ácido do estómago.[3]:44 A vitamina B12 é unha vitamina hidrosoluble esencial, cuxa deficiencia xera anemia macrocítica, unha diminución da produción de células na medula ósea (anemia, pancitopenia), problemas neurolóxicos, así como problemas metabólicos (acidose de metilmalonil-CoA).[3]:50–51

A vitamina B12 é, por tanto, unha importante vitamina que o corpo debe absorber. Porén, malia este papel vital, a vitamina B12 é estruturalmente moi sensible ao ácido clorhídrico que se encontra nas secrecións do estómago, e desnaturalízase doadamente nese ambiente antes de que teña tempo de ser absorbida no intestino delgado. A vitamina B12 únese á haptocorrina, que ten unha alta afinidade pola súa estrutura molecular.[4] Acoplada coa vitamina B12 forma un complexo chamado haptocorrina–B12, que é inmune á acidez gástrica, e pasa polo píloro ata o duodeno. No duodeno as proteases pancreáticas (un compoñente do zume pancreático) corta a haptocorrina, liberando a vitamina B12 na súa forma libre.

As mesmas células do estómago que producen o ácido clorhídrico gástrico, as células parietais, tamén producen unha molécula chamada factor intrínseco (IF), que se une á vitamina B12 despois de que esta se libera do seu complexo coa haptocorrina, e sen o cal só se absorbe o 1% da vitamina B12. O factor intrínseco é unha glicoproteína, cun peso molecular de 45 kDa. No duodeno, a vitamina B12 libre únese ao factor intrínseco para crear o complexo IF-vitamina B12. Este complexo viaxa despois polo intestino delgado ata a súa porción final (íleo). No íleo hai receptores especializados na superficie das súas células chamados cubilinas, que identifican os complexos IF-vitamina B12 e introdúcenos na célula por endocitose mediada por receptor.[5]

En resumo, a función esencial da haptocorrina é a protección da vitamina B12 dos ácidos mentres se move polo estómago. A haptocorrina tamén circula e únese aproximadamente ao 80% da vitamina B12 circulante, facéndoa non dispoñible para o transporte ás células pola transcobalamina II.[6]

  1. OMIM haptocorrin
  2. "Entrez Gene: transcobalamin I (vitamin B12 binding protein". 
  3. 3,0 3,1 Pettit, John D.; Moss, Paul (2006). Essential Haematology 5e (Essential). Blackwell Publishing Professional. p. 44. ISBN 1-4051-3649-9. 
  4. Morkbak AL, Poulsen SS, Nexo E (2007). "Haptocorrin in humans". Clinical Chemistry and Laboratory Medicine 45 (12): 1751–9. PMID 17990953. doi:10.1515/CCLM.2007.343. 
  5. Viola-Villegas N, Rabideau AE, Bartholomä M, Zubieta J, Doyle RP (agosto de 2009). "Targeting the cubilin receptor through the vitamin B(12) uptake pathway: cytotoxicity and mechanistic insight through fluorescent Re(I) delivery". Journal of Medicinal Chemistry 52 (16): 5253–61. PMID 19627091. doi:10.1021/jm900777v. 
  6. Stabler SP (2013). "Vitamin B12 deficiency". The New England Journal of Medicine 368 (21): 2041–2. PMID 23697526. doi:10.1056/NEJMc1304350. 


Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar