Hamburgo
Hamburgo[1][2] (en alemán: Hamburg, [ˈham.bʊʁk] (axuda · info), pronunciación local: [ˈham.bʊɪç] (axuda · info); en baixo saxón: Hamborg, [ˈham.bɔːx] (axuda · info)) é unha cidade situada ao norte de Alemaña. A cidade forma o seu propio estado federado, cunha extensión de 755 km². A finais de febreiro de 2008 tiña 1 773 218 habitantes (4,7 millóns na súa área metropolitana), que inclúe partes dos estados veciños de Baixa Saxonia e Schleswig-Holstein), o que a convertía na segunda cidade máis populosa en Alemaña tras Berlín[3]. Ademais, o seu porto é o segundo máis grande de Europa, tras o de Rotterdam, e o noveno do mundo.
Freie und Hansestadt Hamburg (de) | |||||||||||||
Símbolo oficial | Hammonia (en) (city personification (en) ) | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||||||
| |||||||||||||
Estado | Alemaña | ||||||||||||
Capital de | |||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||
Poboación | |||||||||||||
Poboación | 1.892.122 (2022) (2.505,82 hab./km²) | ||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||
Parte de | |||||||||||||
Superficie | 755,09 km² | ||||||||||||
Bañado por | Río Alster, Río Elba, Bille (en) , Seevekanal (en) , Flottbek, Este (en) , Wandse (en) , Osterbek (en) , Goldbekkanal (en) , Isebekkanal (en) , Tarpenbek (en) , Saselbek (en) , Rodenbek, Bredenbek (en) , Mar do Norte, Susebek (en) , Rethe (en) , Köhlbrand (en) , Süderelbe e Wedeler Au (en) | ||||||||||||
Altitude | 6 m | ||||||||||||
Punto máis alto | Hasselbrack (en) (116,2 m) | ||||||||||||
Comparte fronteira con | Schleswig-Holstein Segeberg (pt) Pinneberg (pt) Stormarn (pt) Harburg (pt) Herzogtum Lauenburg (pt) Stade (pt) Reinbek Norderstedt (pt) Baixa Saxonia Halstenbek (pt) Seevetal Bönningstedt (pt) Neu Wulmstorf Ahrensburg | ||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||
Santo padrón | Santa María | ||||||||||||
Organización política | |||||||||||||
• First Mayor of Hamburg (en) | Peter Tschentscher (pt) (2018–) | ||||||||||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Hamburgo (pt) , (Escano: 123) | ||||||||||||
Máxima autoridade xudicial | Hamburg Constitutional Court (en) | ||||||||||||
Membro de | Common Library Network (en) IT Planning Council (en) Liga Hanseática Federación Mundial de Cidades Turísticas Union of the Baltic Cities (en) Wendish cities (en) Aliança Climática (pt) (1993–) Alcaldes pola Paz (2009–) | ||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||
Código postal | 20095–21149, 22041–22769 e 27499 | ||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||
Prefixo telefónico | 040 e 04721 | ||||||||||||
ISO 3166-2 | DE-HH | ||||||||||||
Código NUTS | DE6 | ||||||||||||
Clave de rexión en Alemaña | 020000000000 | ||||||||||||
Número de municipio alemán | 02000000 | ||||||||||||
Outro | |||||||||||||
Irmandado con | Varna São Paulo Valdivia San Petersburgo (1957–) Marsella (1958–) Shanghai (1986–) Dresden (1987–) Osaca (1989–) León (pt) (1990–) Praga (1990–) Chicago (1994–) Kaliningrado (2005–) Auckland (2007–) Dar es Salaam (2010–) Kíiv (2022–) | ||||||||||||
Páxina web | hamburg.de | ||||||||||||
O nome completo de Hamburgo é "Cidade Libre e Hanseática de Hamburgo" (Freie und Hansestadt Hamburg en alemán)[4]. Isto débese á súa historia como membro da liga medieval hanseática, como Cidade Imperial Libre do Sacro Imperio Romano Xermánico, e tamén polo feito de que é unha cidade-estado e polo tanto un dos dezaseis estados federados de Alemaña.
Hamburgo é un importante eixo de transportes do norte de Alemaña converténdose nun gran centro industrial, con fábricas como Blohm + Voss (estaleiro) ou Norddeutsche Affinerie (produción de cobre), e de comunicacións, descantando a radio-televisión Norddeutscher Rundfunk e editoriais como Gruner + Jahr e Spiegel-Verlag. Contabilízanse en total máis de 120.000 empresas. A cidade é tamén un importante destino turístico tanto local como internacional, recibindo en 2007 ao redor de 7,4 millóns de visitas.
Historia
editar- Véxase tamén: Historia de Hamburgo.
As orixes de Hamburgo remóntanse ao ano 808 d.C., no que Carlomagno mandou construír o castelo Hammaburg, dende o que se vixiaba a zona ao norte do río Elba, onde burgo significa castelo. O termo Hamma segue sendo incerto como a localización deste castelo.[5]
No ano 831 Ludovico Pío crea a diocese de Hamburgo e no ano 834 foi designada a sede dun bispado católico romano, cuxo primeiro bispo, Ansgar (San Óscar, coñecido como o apóstolo do Norte). Dous anos máis tarde, Bremen uniuse co bispado, formando o de Hamburgo-Bremen. Debido á súa situación privilexiada foron asentándose en Hamburgo numerosos habitantes, que se dedicaron maioritariamente ao comercio e á pesca.
Hamburgo foi destruída e ocupada en varias ocasións. No 845, unha frota de 600 barcos viquingos chegaron até o río Elba e destruíron o que nese momento era unha cidade de ao redor de 500 habitantes. No 1030 a cidade foi incendiada polo rei Mieceislao II de Polonia. Máis tarde Valdemar II de Dinamarca asaltouna e ocupouna en 1201 e en 1214. Ademais houbo varios incendios de gran magnitude, os máis notables foron os de 1284 e 1842. En 1842, ao redor dunha cuarta parte da cidade foi destruída no coñecido coma "gran incendio". Este incendio iniciouse na noite do 4 de maio de 1842 e non se extinguiu até o día 8. Destruíu tres igrexas, a Casa do Concello, e moitos outros edificios, matando a 51 persoas, e deixando a unhas 20.000 sen fogar. A reconstrución tardou máis de 40 anos.
En 1189 Frederico I Barbarroxa concedeu a Hamburgo a carta de condición de Cidade Imperial Libre e o acceso libre de impostos até o Baixo Elba e o mar do Norte. Esta carta, xunto coa proximidade de Hamburgo ás principais rutas comerciais do mar do Norte e mar Báltico, permitiu á cidade ser un importante porto do norte de Europa. A súa alianza comercial con Lübeck en 1241 marca a orixe e esencia da poderosa Liga Hanseática. Aínda hoxe Hamburgo ostenta con orgullo o título de cidade hanseática. No seu escudo pode aínda verse o castelo Hammerburg coas portas pechadas, o cal simboliza a soberanía da cidade. O 8 de novembro de 1266 un contrato entre Henrique III e Hamburgo permitiulles establecer un hanse en Londres. Esta foi a primeira vez na historia en que se menciona a palabra hanse para o gremio de comercio Liga Hanseática. A primeira descrición dos dereitos civís, o dereito penal e procesual para unha cidade en Alemaña en idioma alemán, a Ordeelbook (Ordeel: frase) foi escrita polo avogado do Senado Jordan von Boitzenburg en 1270.
En 1529, a cidade adoptou o luteranismo, e posteriormente recibiu refuxiados protestantes procedentes dos Países Baixos e Francia e, no século XVII, de xudeus sefardís de Portugal. Hamburgo foi brevemente anexionada por Napoleón I. As forzas rusas do xeneral Bennigsen liberaron a cidade en 1814. En 1860, o estado de Hamburgo estabeleceu unha constitución republicana. Hamburgo foi un estado independente da Confederación Xermánica (1815-66), da Federación Alemá do Norte (1866-71), o Imperio Alemán (1871-1918) e da República de Weimar (1919-33). Na Alemaña Nazi foi Hamburgo foi un Gau (os gaue eran sub-divisións administrativas) dende 1934 até 1945. Despois da segunda guerra mundial Hamburgo foi a zona de ocupación británica e converteuse nun estado federal da Alemaña do Oeste dende 1949.
Durante a primeira metade do século XIX, unha deusa patroa de Hamburgo con nome en latín Hammonia xurdiu, sobre todo nas referencias románticos e poéticas.[6] Hammonia converteuse no símbolo do espírito da cidade durante este tempo. En 1888 entra na Unión Aduaneira Alemá. Hamburgo tivo un rápido crecemento durante a segunda metade do século XIX, cando a súa poboación se cuadriplicou, chegando a ter máis de 800.000 habitantes, este crecemento da cidade fixo do seu porto o terceiro máis importante do comercio europeo do Atlántico. Albert Ballin como director da Hamburg-America Line converteuse na compañía navieira de transatlánticos máis grande do mundo, sendo o porto preferido para a maioría dos alemáns do Leste e os europeos que saían cara ao Novo Mundo.
Durante a segunda guerra mundial a cidade foi devastada polos bombardeos entre 1940 e 1945, sendo o nome clave do ataque aliado Operación Gomorra. Este ataque provocou a morte de ao redor de 40.000 persoas. Esta operación foi levada a cabo a partir de finais de xullo de 1943, pola Royal Air Force ("RAF") británica e as USAAF estadounidenses, sendo no seu momento a maior campaña de bombardeos da historia da guerra aérea. Os ataques realizáronse por orde do mariscal da RAF Sir Arthur Harris, comandante en xefe da división de bombardeiros da aviación británica (RAF Bomber Command).
Os bombardeos aliados, como un esforzo para pór fin á segunda guerra mundial deixaron unha cidade devastada, chegando o un grao de destrución total superior ao 70%.[7] Hamburgo rendeuse, evitando máis baixas, ás forzas británicas o 3 de abril de 1945.
Entre 1938 e 1945 nas proximidades de Hamburgo case 70.000 persoas pereceron no campo de concentración de Neuengamme. O 16 de febreiro de 1962 unha severa tormenta causou o aumento de nivel do río Elba, alagando unha quinta parte da cidade de Hamburgo e matando a máis de 300 persoas. O pano de aceiro, a só 50 quilómetros ao leste de Hamburgo reduciu aínda máis o comercio mundial de Hamburgo. Despois da reunificación alemá en 1990 o Porto de Hamburgo de recuperar a súa antiga importancia. En 2011 foi elixida Capital Verde Europea (European Green Capital).
Xeografía
editarHamburgo está situada no extremo meridional da península de Xutlandia, entre a Europa continental cara ao sur, e a Escandinavia cara ao norte. Está tamén rodeado polo Mar do Norte ao seu oeste e o Mar Báltico ao leste.
Hamburgo emprázase na posición onde o río Elba conflúe cos ríos Alster e Bille, río que desemboca no mar do Norte a uns 100 km de distancia. Dende a súa desembocadura até Hamburgo o río é navegable, mesmo por barcos de gran tamaño, o que converteu á cidade nun porto importante dende hai séculos. Hoxe é o segundo porto con maior tráfico na Unión Europea (UE), soamente superado polo de Rotterdam nos Países Baixos.
O centro da cidade está situada ao redor de dous lagos artificiais, o Binnenalster (Alster interior) e o Außenalster (Alster exterior), orixinarios ambos do río Alster. A illa de Neuwerk e outras dúas illas no Mar do Norte tamén son parte da cidade de Hamburgo, situadas no Parque Nacional do Mar de Wadden.[8]
Clima
editarDebido á influencia marítima, o clima é máis suave que no interior. Os meses máis cálidos en Hamburgo son xuño, xullo e agosto, con temperaturas medias de entre 19,9 e 22,2 °C. Os máis fríos son decembro, xaneiro e febreiro, con temperaturas medias que van de -1,4 a 0 °C.[9] Temperaturas de ao redor de 28 °C non son improbabeis no verán, dende a década de 1990 as temperaturas máximas chegaron a alcadar até 38,5 °C (20 de xullo de 2006). O clima é húmido durante todo o ano. En canto ás precipitacións, especialmente nos últimos anos (entre 2004 e 2008), reduciuse a media de 746 mm.
Datos climáticos para Hamburgo | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 14,4 | 17,2 | 23,0 | 29,7 | 33,5 | 34,6 | 36,9 | 37,3 | 32,3 | 26,1 | 20,2 | 15,7 | 37,3 |
Media máxima en °C | 3,5 | 4,4 | 8,0 | 12,3 | 17,5 | 19,9 | 22,1 | 22,2 | 17,9 | 13,0 | 7,5 | 4,6 | 13,2 |
Media diaria en °C | 1,0 | 1,6 | 4,6 | 7,8 | 12,5 | 15,2 | 17,4 | 17,4 | 13,7 | 9,5 | 4,9 | 2,3 | 9,0 |
Media mínima en °C | −1,4 | −1,2 | 1,1 | 3,3 | 7,4 | 10,5 | 12,7 | 12,5 | 9,6 | 6,0 | 2,4 | 0,0 | 6,2 |
Temperatura mínima en °C | −22,8 | −29,1 | −15,3 | −7,1 | −5,0 | 0,6 | 3,4 | 1,8 | −1,2 | −7,1 | −15,4 | −18,5 | −29,1 |
Chuvia media mm | 67,8 | 49,9 | 67,7 | 43,0 | 57,4 | 78,6 | 76,7 | 78,9 | 67,4 | 67,0 | 69,2 | 68,9 | 792,6 |
Media de días con chuvia (≥ 1.0 mm) | 12,1 | 9,2 | 11,3 | 8,9 | 9,6 | 11,3 | 11,4 | 10,2 | 10,8 | 10,5 | 11,7 | 12,4 | 129,4 |
Media de horas de sol mensuais | 46,9 | 69,0 | 108,8 | 171,6 | 223,4 | 198,7 | 217,5 | 203,1 | 144,6 | 107,9 | 53,0 | 37,4 | 1 581,9 |
Fonte #1: World Meteorological Organisation (UN)[10] | |||||||||||||
Fonte #2: Deutscher Wetterdienst[11] |
Organización administrativa
editarHamburgo componse de 7 distritos ou municipios coñecidos como bezirke, os cales á súa vez están divididos en 105 barrios (stadtteile). Tamén existen 180 localidades (ortsteile).
A partir de 2008, a área de organización réxese pola constitución de Hamburgo e varias leis. Na constitución determínase que unha zona pode ser creada por lei para fins administrativos.[12] A maioría dos barrios eran antigas cidades, pobos ou aldeas independentes que foron anexionadas a Hamburgo. En 1938, a última gran incorporación fíxose a través da Gran Lei de Hamburgo de 1937, coa incorporacións das cidades de Altona, Harburg e Wandsbek[13]. A Lei de Reich da Constitución e a Administración da cidade hanseática de Hamburgo estableceron a Hamburgo coma estado e municipio.[14] Algúns dos distritos e dos barrios reorganizáronse varias veces nos últimos anos.
Cada distrito está rexido por un concello (bezirksamt), administrado polo concello municipal (bezirksamtsleiter). Os barrios da cidade de Hamburgo non son independentes dos municipios. O poder dos gobernos municipais é limitado e subordinado ao Senado de Hamburgo. Os conselleiros municipais son elixidos polo réxime do municipio e, posteriormente, o seu ingreso ten que ser designado polo Senado. Os barrios non teñen órganos de goberno propios.
Os distritos de Hamburgo son Altona, Bergedorf, Eimsbüttel, Hamburg-Mitte, Hamburg-Nord, Harburg e Wandsbek.[15]
É o distrito urbano máis occidental sobre a beira dereita do río Elba. De 1640 a 1864 Altona estivo baixo a administración da monarquía dinamarquesa, logo foi unha cidade independente até 1937. Politicamente, os barrios seguintes están suxeitos ao municipio de Altona: Altona-Altstadt, Altona-Nord, Bahrenfeld, Ottensen, Othmarschen, Groß Flottbek, Osdorf, Lurup, Nienstedten, Blankenese, Iserbrook, Sülldorf, Rissen e Sternschanze. En 2008 a poboación era de 245.511 habitantes.[16]
Era en 2006 o maior dos sete distritos, sendo a poboación de 119.185 habitantes en 2008. Bergedorf componse dos barrios de Allermöhe, Altengamme, Bergedorf, Billwerder, Curslack, Kirchwerder, Lohbrügge, Moorfleet, Neuengamme, Ochsenwerder, Reitbrook, Spadenland e Tatenberg.
Tiña en 2008 unha poboación de 247.135 habitantes. O distrito divídese en nove barrios: Eidelstedt, Eimsbüttel, Harvestehude, Hoheluft-West, Lokstedt, Niendorf, Rotherbaum, Schnelsen e Stellingen. Situado dentro deste municipio está o antigo barrio xudeu Grindel.
Literalmente en galego "Centro de Hamburgo", abarca principalmente o centro urbano da cidade. En 2008 a poboación era de 276.234 habitantes. Consta dos barrios de Billbrook, Billstedt, Borgfelde, Finkenwerder, HafenCity, Hamburg-Altstadt, Hamm-Nord, Hamm-Mitte, Hamm-Süd, Hammerbrook, Horn, Kleiner Grasbrook, Neuwerk (illa de Cuxhaven), Rothenburgsort, St. Georg, Sankt Pauli, Steinwerder, Veddel, Waltershof e Wilhelmsburg. Os barrios de Hamburgo-Alstadt (casco antigo da cidade de Hamburgo) e Neustadt (nova cidade) son a orixe histórica da cidade de Hamburgo.
Está ao norte de Hamburgo, contaba en 2008 con 280.229 habitantes nunha área de 57,5 quilómetros cadrados. Hamburg-Nord componse dos barrios de Alsterdorf, Barmbek-Nord, Barmbek-Süd, Dulsberg, Eppendorf, Fuhlsbüttel, Groß Borstel, Hoheluft-Ost, Hohenfelde, Langenhorn, Ohlsdorf, Uhlenhorst e Winterhude.
Atópase na beira meridional do río Elba e comprende parte do porto de Hamburgo, zonas residenciais e rurais e algúns institutos de investigación. En 2008 a poboación do municipio era de 202.526 habitantes. En Harburgo os barrios son Harburg Altenwerder, Cranz, Eißendorf, Francop, Gut Moor, Harburg, Hausbruch, Heimfeld, Langenbek, Marmstorf, Moorburg, Neuenfelde, Neugraben-Fischbek, Neuland, Ronneburg, Sinstorf e Wilstorf.
En 2006, era o segundo distrito máis grande dos sete que compoñen a cidade de Hamburgo. O barrio de Wandsbek, que foi independente da antiga cidade. Cos barrios de Eilbek e Marienthal, forma parte do corazón económico e cultural da cidade. Do mesmo xeito que os demais distritos de Hamburgo, Wandsbek divídese en barrios. Estes son Bergstedt, Bramfeld, Duvenstedt, Eilbek, Farmsen-Berna, Hummelsbüttel, Jenfeld, Lemsahl-Mellingstedt, Marienthal, Poppenbüttel, Rahlstedt, Sasel, Steilshoop, Tonndorf, Volksdorf, Wandsbek, Wellingsbüttel e Wohldorf-Ohlstedt. En 2008, a poboación era de 411.203 habitantes.
Goberno
editarA cidade de Hamburgo é un dos 16 estados alemáns, polo que o alcalde da cidade axústase máis á función dun ministro-presidente que á que un alcalde convencional. Hamburgo como un goberno estatal, é responsable da educación pública, as institucións penais e da seguridade pública, ademais das bibliotecas, instalacións de esparexemento, servizos de saneamento, abastecemento de auga e servizos de benestar.
Dende 1897 a sede de goberno é a Casa do Concello de Hamburgo (alemán:Hamburger Rathaus), onde se atopa a oficina do alcalde, a sala de reunións para o senado e o Parlamento de Hamburgo. Dende 2008 o Alcalde de Hamburgo, Ole von Beust,[17] é o primeiro en gobernar nun estado de Alemaña cunha coalición "negro-verde", integrada polo conservador CDU e o alternativo Partido Verde.[18]
Demografía
editarA 29 de febreiro de 2008 Hamburgo tiña unha poboación de 1 773 218 habitantes (por riba dos 1 652 363 censados en 1990) nunha área de 755,264 km2, dando como resultado unha densidade de poboación de 2348 habitantes/km². Na área metropolitana de Hamburgo habitan uns 4 300 000 habitantes aproximadamente nun espazo de 19.000 km2.[19]
En canto á distribución por sexo, no censo de 2006 rexistrouse unha poboación de 856.132 homes e de 898.050 mulleres. Nese mesmo ano tamén se rexistraron 16.089 nacementos, do cal un 33,1% eran dados a luz por mulleres solteiras, 6.921 casadas e 4.583 por divorciadas. Na cidade, un 15,7% da poboación é menor de idade, un 18,8% é maior de 65 anos, mentres que o 65,7% restante sitúase entre estas dúas idades.
En canto aos residentes estranxeiros, hai unha cantidade de 257.060 habitantes da inmigración, aproximadamente un 14,8% da poboación, sendo un 22,6% dos residentes destes de orixe turca (58.154 habitantes). Tamén hai unha considerábel cantidade de poboación de orixe polaca (20.743 habitantes), inglesa (4.046 habitantes) e estadounidense (4.369 habitantes).
Economía
editarO produto interno bruto (PIB) de Hamburgo ascende a un total de 88,9 millóns de euros,[20] co que cidade ten o maior PIB de Alemaña con 50.000€ por habitante e unha relativamente alta taxa de emprego, co 88% da poboación en idade de traballar. A cidade é fogar de máis de 120.000 empresas,[21] sendo en 2007 o ingreso medio dos empregados de 30.937€.
A unidade económica máis importante de Hamburgo é o porto de Hamburgo, que ocupa o 2º posto en Europa, só superado polo de Rotterdam, e o 9º en todo o mundo, con transbordos de 9,8 millóns de TEU de carga e 134 millóns de toneladas de mercadorías en 2007. Despois da reunificación alemá, Hamburgo recuperou a parte oriental do seu interior e o porto pasou a ser o de maior crecemento en Europa. O comercio internacional é unha das principais razóns pola que hai un gran número de consulados na cidade.
Aínda que a cidade está situada a 110 km do estuario do río Elba, considérase un porto de mar debido á súa capacidade para manexar grandes buques oceánicos.[22]
Hamburgo (xunto con Seattle e Tolosa) tamén é unha importante praza da industria aeroespacial civil. Airbus, que ten unha planta de ensamblaxe no barrio de Finkenwerder, emprega a máis de 13.000 persoas.[23] A industria pesada, inclúe a fabricación de aceiro, aluminio, cobre e unha serie de estaleiros como Blohm Voss.
En 2007, un estudo da Fundación Bertelsmann sobre os distintos estados federados alemáns revelou que Hamburgo ten a maior renda per cápita e tamén que o seu crecemento económico supera a media nacional,[24] e segundo outro informe da Comisión Europea, Hamburgo ocupa o cuarto lugar entre as cidades da Unión, ademais de ter a mellor rede de transporte público.[25]
Outra industria moi importante é a dos medios de comunicación, con máis de 70.000 empregados.[26] Unha mostra disto é que a importante cadea de radio e televisión Norddeutscher Rundfunk ten a súa sede na cidade, habendo tamén outras compañías de ámbito rexional como Radio Hamburgo.
A parte dos medios audiovisuais tamén varias das empresas editoriais máis grandes de Alemaña como Axel Springer AG, Gruner Jahr ou Heinrich Bauer Verlag teñen aquí a súa sede, a parte de moitos xornais e revistas nacionais, como Der Spiegel e Die Zeit ou o Financial Times Deutschland. O xornal de ámbito rexional máis importante é o Hamburger Abendblatt, cunha gran circulación. Tamén hai un bo número de empresas de música (a maior é Warner Bros. Records Alemaña) e negocios de Internet (por exemplo, AOL, Adobe, Google Alemaña ou empresas de Web 2.0 como Qype).
Cultura
editarHamburgo ofrece máis de 40 teatros, 60 museos e 100 lugares de música e clubs. En 2005, máis de 18 millóns de persoas visitaron concertos, exposicións, teatros, cinemas, museos e outros espectáculos culturais. Máis de 8.552 empresas suxeitas a impostos, sendo o tamaño medio de 3,16 empregados, dedicábanse a actividades culturais como a música, artes escénicas e literatura. Hai cinco empresas do sector creativo por cada mil habitantes (Por exemplo Berlín ten tres e Londres trinta e sete).
No verán de 2007, Hamburgo formou parte de Live Earth, unha serie de concertos de beneficencia de pop e rock presentando a varios artistas en contra do quecemento global.[27]
Teatros e museos
editarO teatro Hamburger Schauspielhaus (propiedade estatal), o Teatro Thalia e o Kampnagel son teatros ben coñecidos en Alemaña e no estranxeiro.[28] O Teatro Inglés, preto da estación de metro Mundsburg representa funcións en inglés, xa que posúe actores nativos entre o seu persoal.
A Galería de Arte e a Galería de Arte Contemporánea (Kunsthalle) de Hamburgo atópanse preto da estación central. En 2008, o Internationales Maritimes Museum Hamburg abriu as súas portas en Hamburgo, no HafenCity. O Miniatur Wunderland mostra diferentes modelos de trens en acción e nunha fascinante paisaxe artificial. Pola súa banda, o Museo da Cidade da Emigración BallinStadt lembra os grandes fluxos de persoas que emigraron en masa de Europa entre 1850 e 1939 ao norte e sur de América. Dous buques museo preto de Landungsbrücken dan testemuño dos buques de carga e os tempos dos veleiros de carga.
Arquitectura
editarHamburgo ten edificios arquitectonicamente significativos cunha ampla gama de estilos. Hai só uns poucos rañaceos e destacando a igrexa de St. Nikolai, o edificio máis alto do mundo no século XIX. O panorama da cidade de Hamburgo pode ser visto dende as altas torres das principais igrexas (Hauptkirchen) como a igrexa de San Miguel, a de San Pedro, a igrexa de San Xacobe e a de Santa Catarina, cuberta con placas de cobre.
As numerosas canles de Hamburgo son atravesados por máis de 2.300 pontes, máis que as de Venecia e Ámsterdan xuntas.[29] O Köhlbrandbrücke, Freihafen Elbbrücken, Lombardsbrücke e Kennedybrücke son algunhas das pontes máis notabeis.
O concello posúe unha rica decoración neo-renacentista e foi terminado en 1897. A súa torre é de 112 metros de altura e a súa fachada, de 111 metros de longo, representa aos emperadores do Sacro Imperio Romano, dende que Hamburgo estivo, como Cidade Libre Imperial, só baixo a soberanía do emperador.[30] O Chilehaus, é un edificio de oficinas de ladrillo de pedra construído en 1922 e deseñado polo arquitecto Fritz Höger en forma de espectacular transatlántico.
En 2015 completarase o maior desenvolvemento dun centro urbano en Europa: o barrio de HafenCity, que albergará uns 10.000 habitantes e 15.000 traballadores. O seu ambicioso plan e a arquitectura (deseñado, entre outros, por Rem Kolhaas e Renzo Piano) comezou en 2008. A finais de 2010, o Salón da Filharmónica do Elba (Elbphilharmonie) estará listo para os seus primeiros concertos nun espectacular edificio deseñado pola empresa suíza Herzog & de Meuron.
Os numerosos parques da cidade de Hamburgo distribúense por toda a cidade, o que fai de Hamburgo unha cidade moi verde. Os parques máis grandes son o Stadtpark, o cemiterio Ohlsdorf e Planten un Blomen. O Stadtpark, o "Central Park" de Hamburgo, ten un gran céspede e unha gran torre de auga, e alberga un dos planetarios máis grande de Europa. O parque e os seus edificios foron deseñados por Fritz Schumacher na década de 1910.
Gastronomía
editarA Gastronomía de Hamburgo é un conxunto de diversas variantes da cociña alemá do norte, reúne os ingredientes típicos das terras do Vierlande, as froitas do Altes Land ou os peixes do Elba. Posúe evidentemente influencia das cociñas das cociñas das rexións adxacentes como a de Schleswig-Holstein.
Dentro dos ingredientes é posíbel comer cangrexos e lagostas así como pratos de diferentes peixes como a solla (Finkenwerder Scholle), do río Elba os sint (cociñados ao forno e moi apreciados en Hamburgo) ou o arenque en sazón. Tamén se adoitan comer asadas as carpas e os propios arenques, todos eles moi asociados á festa de San Martiño. Son moi populares e igualmente posíbeis de comer pola rúa uns Rollmops (arenque remollado) ou a sopa de anguía.
No terreo das carnes cómese, do mesmo xeito que en todo o norte de Alemaña o Labskaus (carne en sazón) ou as patacas asadas co corned beef (carne de tenreira hervida). Hamburgo é unha comarca moi típica de cocidos (eintopf), como o Steckrübeneintopf (cocido de nabos e carne).
As verduras máis empregadas (fóra da pataca) é a invernal col verde. Entre os pans destaca o Pumpernickel que se atopa facilmente en calquera panadería, para almorzar son moi típicos na zona os Franzbrötchen (fariña aromatizada con azucre e canela) e no terreo das galletas son moi famosos os Braune Kuchen (unha galleta de fariña de trigo e centeo con mel e especias).
Así pois o prato máis coñecido é o Birnen, Bohnen und Speck (peras, feixóns e touciño entrefebrado), é un prato sinxelo e de estación que se serve en outono.
Lugares de interese
editarHamburgo ofrece numerosos atractivos para o visitante. O xa citado lago no centro da cidade é único no seu xénero. Está rodeado por tres avenidas, con edificios elegantes, entre eles dous dos hoteis con maior tradición. Desde este lugar divísanse varias torres das igrexas de Hamburgo, cuxa parte superior está cuberta de láminas de cobre que foron adquirindo unha cor verde. Moi preto atópase a Casa do Concello, un edificio construído no estilo nórdico tamén con tellado de cobre. O lago exterior, máis grande de tamaño, está rodeado por casas con xardíns.
Outro atractivo turístico é o porto, que se pode percorrer en embarcacións de diversos tamaños, con duracións máis ou menos prolongadas. Na zona portuaria existen numerosos canles, en cuxos lados se achan os vellos almacéns. Estes edificios, que deixaron de usarse dende que apareceron os colectores, están a ser rehabilitados e acondicionados para vivendas e outros usos. Cerca do porto atópase o barrio mariñeiro de Hamburgo, onde están os clubs e bares nocturnos. Este barrio foi durante moito tempo a "zona roxa" de Hamburgo, onde os mariñeiros compraban víveres e acudían aos numerosos bordeis. Con todo, nas últimas décadas mudáronse a este barrio estudantes, traballadores e empresarios.[31]
Hamburgo conta tamén cun xardín botánico deseñado como parque, no que se poden pasar varias horas admirando a vexetación. Outro barrio moi coñecido en Hamburgo é o Sternschanze, no centro de Hamburgo, un barrio alternativo.
Actualmente Hamburgo ten 79 museos. Entre os máis famosos e populares figura o Kunsthalle, museo de arte con obras de pintores alemáns do século XIX. Tamén é destacable a escola Bullenhuser Damm, antiga extensión do campo de concentración de Neuengamme.
Filharmónica do Elba
O almacén do Kaiser (emperador) non só era o máis grande da cidade portuaria, senón que durante anos o edificio daba a benvida aos visitantes que chegaban ao porto. Trala segunda guerra mundial, este edificio rectangular de ladrillos quedou esnaquizado polos ataques aliados, até a súa reconversión como depósito de cacao.[32]
Sobre este edificio construíuse a sede da Filharmónica do Elba, deseñado pola oficina de arquitectos suíza Herzog & de Meuron.[33] Foi inaugurada o 11 de xaneiro de 2017, cun concerto da NDR Elbphilharmonie Orchester. Malia ser unha construción recente, xa é un dos edificios máis emblemáticos da cidade.
Educación
editarO sistema escolar está administrado polo Ministerio de Escolas e Formación Profesional (Behörde für Schule und Berufsbildung). En 2006 ao redor de 160.000 alumnos estudaban en 245 escolas primarias, e 195 escolas secundarias. Ademais hai na cidade 33 bibliotecas públicas.
En Hamburgo atópanse 17 universidades, nas que estudan 70.000 alumnos, incluíndo os residentes estranxeiros, que son arredor de 9.000. Seis universidades son públicas, a Universidade de Hamburgo co Centro Médico da Universidade de Hamburgo-Eppendorf, a Universidade de Música e Teatro, a Universidade de Hamburgo de Ciencias Aplicadas e a Universidade Tecnolóxica. As restantes sete son privadas, como a Facultade de Dereito Bucerius. A cidade tamén ten colexios máis pequenos, privados e universidades, entre eles moitos relixiosos e as institucións para fins especiais, tales como a Universidade Helmut Schmidt (Antigamente: Universidade das Forzas Armadas Federais de Hamburgo).
Relacións internacionais
editarEn Hamburgo hai 95 Consulados Xerais e Consulados.[34] Á parte, está irmandada con oito cidades e ten acordos con outras, como o asinado con Dar es Salaam para desenvolver a cooperación entre ambas as cidades.[35][36]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hamburgués.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1289. ISBN 9788482887524.
- ↑ "Hamburgo: lendario escenario porteño".
- ↑ "Verfassung der Freien und Hansestadt Hamburg". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2007. Consultado o 11 de abril de 2009. (en alemán)
- ↑ Hammaburg - der große Irrtum (en alemán)
- ↑ Deutschland. Ein Wintermärchen Caput XXIII (en alemán)
- ↑ Arquitectura en Alemaña: de Bauhaus á Alemaña da posguerra
- ↑ Deutsche Zentrale für Tourismus (ed.). "Parque Nacional del mar de Frisia de Hamburgo: la fascinación de un paisaje costero". www.germany.travel (en castelán). Consultado o 228 de maio de 2019.
- ↑ Climate figures
- ↑ "World Weather Information Service – Hamburg". Deutscher Wetterdienst. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 6 de abril de 2012.
- ↑ "Ausgabe der Klimadaten: Monatswerte". Consultado o 24 de xuño de 2014.
- ↑ título=Bezirksverwaltungsgesetz (BezVG) Arquivado 13 de agosto de 2007 en Archive.is (en alemán)
- ↑ Groß-Hamburg-Gesetz Arquivado 17 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. (en alemán)
- ↑ Reichsgesetz über die Verfassung und Verwaltung der Hansestadt Hamburg Arquivado 27 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en alemán)
- ↑ título=Gesetz über die räumliche Gliederung der Freien und Hansestadt Hamburg (RäumGiG) Arquivado 13 de agosto de 2007 en Archive.is (en alemán)
- ↑ Regionalergebnisse[Ligazón morta] (en alemán)
- ↑ German conservatives win most votes (en inglés)
- ↑ "Geheime Absprachen zwischen CDU und Grünen". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2008. Consultado o 02 de outubro de 2008.
- ↑ Hamburg Metropolitan Area fact sheet Arquivado 18 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Volkswirtschaftliche Basisdaten 2007 Arquivado 03 de maio de 2009 en Wayback Machine. (en alemán)
- ↑ Home to 120,000 Enterprises Arquivado 19 de outubro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Making Hamburg Europe's preferred port Arquivado 20 de xullo de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Past Cost-Cutting and Layoffs Haunt Airbus in Germany (en inglés)
- ↑ ¿Dónde se vive mejor en Alemania? (en castelán)
- ↑ La ciudad, un buen lugar para vivir (en castelán)
- ↑ Von der Faszination, in Hamburg zu arbeiten (en alemán)
- ↑ Hamburgo en Live Earth(en castelán)
- ↑ Bayreuth Was Yesterday -New Opera at Kampnagel Arquivado 28 de xuño de 2012 en Archive.is (en inglés)
- ↑ título=Hamburg Grüne Metropole am Wasser (en alemán)
- ↑ Auf dem Rathausmarkt Arquivado 10 de outubro de 2008 en Wayback Machine. (en alemán)
- ↑ Hamburgo: la ciudad más linda del norte (en castelán)
- ↑ Filharmónica do Elba: novo símbolo de Hamburgo (en castelán)
- ↑ Edificios con carácter Arquivado 24 de xuño de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Facts on Hamburgo[Ligazón morta] (en inglés)
- ↑ Partnerstädte - Stadt Hamburg (en alemán)
- ↑ Hamburg in der Welt Arquivado 06 de xullo de 2009 en Wayback Machine. (en alemán)
Véxase tamén
editarListaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Berlín Hamburgo Múnic |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Berlín | Berlín | 3 531 201 | 11 | Leipzig | Saxonia | 531 809 | |
2 | Hamburgo | Hamburgo | 1 810 698 | 12 | Dresden | Saxonia | 529 781 | |
3 | Múnic | Baviera | 1 378 176 | 13 | Hannover | Baixa Saxonia | 525 875 | |
4 | Colonia | Renania do Norte-Westfalia | 1 017 155 | 14 | Nürnberg | Baviera | 510 602 | |
5 | Frankfurt | Hessen | 691 518 | 15 | Duisburgo | Renania do Norte-Westfalia | 488 005 | |
6 | Stuttgart | Baden-Württemberg | 613 392 | 16 | Bochum | Renania do Norte-Westfalia | 373 976 | |
7 | Düsseldorf | Renania do Norte-Westfalia | 592 393 | 17 | Wuppertal | Renania do Norte-Westfalia | 349 470 | |
8 | Dortmund | Renania do Norte-Westfalia | 580 956 | 18 | Bonn | Renania do Norte-Westfalia | 327 913 | |
9 | Essen | Renania do Norte-Westfalia | 573 468 | 19 | Bielefeld | Renania do Norte-Westfalia | 323 395 | |
10 | Bremen | Bremen | 548 319 | 20 | Mannheim | Baden-Württemberg | 314 931 | |
Datos do censo de 2011 |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial da cidade Arquivado 25 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.
- Stadt-Panoramen Hamburg (Panoramas de Hamburgo)
- Imáxes de Hamburgo
- Proxecto de remodelación da ribeira industrial (Hafencity project)