Haemophilus
Haemophilus | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Haemophilus ducreyi | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
H. aegyptius |
Haemophilus é un xénero de bacterias gramnegativas xeralmente con forma de cocobacilos.[1] Aínda que a forma típica é a cocobacilar, considéranse pleomórficas porque poden variar drasticamente a súa morfoloxía. Todos os membros de Haemophilus son aerobios ou aerobios facultativos.
O xénero inclúe organismos comensais cun certo grao de patoxenicidade, como:
- H. influenzae, que causa septicemia e meninxite en nenos pequenos. Orixinariamente considerouse que era o axente causal da gripe (ou influenza), o que non era certo, pero a iso débese o epíteto "influenzae" do taxon.
- H. ducreyi, que produce chancros xenitais.
Outras especies patóxenas menos frecuentes son: H. parainfluenzae (pneumonía e endocardite), e H. aegyptius (conxuntivite ou febre purpúrica brasileira).[2]
As especies de H. influenzae clasifícanse segundo as características da cápsula. Describíronse sete serogrupos nomeados do a ao f, xunto cun grupo e' (chamado así porque o seu polisacárido está moi relacionado co do tipo e).[2] A cápsula de tipo b é a que está máis correlacionada coa virulencia da bacteria.
As paredes celulares conteñen lipopolisacáridos similares aos típicos das gramnegativas, pero con cadeas laterais máis curtas, polo que se denominan oligosacáridos. Crese que Haemophilus non segrega toxinas.
Metabolismo
editarEstes organismos cultívanse en placas de ágar sangue, medio rico que lles proporciona toda clase de factores de crecemento que se requiren para o seu cultivo, como: hemina (factor X) e/ou factor V ou dinucleótido de nicotinamida e adenina. O ágar chocolate, tamén cun forte compoñente de sangue na súa composición pero que sufriu un tratamento térmico, acelera moito o seu crecemento.[3] A especie H. influenzae require tanto o factor X coma o V, polo que debe crecer en ágar chocolate, onde a calor libera o grupo hemo da hemoglobina do sangue e a hemina queda a disposición da bacteria. Polo contrario, H. parainfluenzae só require o factor V e crece en ágar sangue. A presenza de CO2, unha temperatura de 37 °C e un pH alcalino favorecen o crecemento de Haemophilus. É sensible a efectos exteriores como o frío, o desecamento e a luz solar. Fermentan glicosa pero non lactosa nin manitol.
Tamén se cultivou coa técnica Staph streak (~estrías de estafilococo), que permite cultivar Staphylococcus e Haemophilus nunha mesma placa. Neste caso, Haemophilus presenta un patrón de crecemento característico formando satélites arredor das colonias de estafilococos; esta propiedad denomínase satelismo e mostra a necesidade que ten Haemophuilus de factores de crecemento que excreta o estafilococo. Esta necesidade pode considerarse determinante no desenvolvemento de infeccións oportunistas producidas por Haemophilus.
Notas
editar- ↑ Holt JG (editor) (1994). Bergey's Manual of Determinative Bacteriology 9th ed. Williams & Wilkins. ISBN 0-683-00603-7.
- ↑ 2,0 2,1 Musher DM (1996). Univ of Texas Medical Branch, ed. Haemophilus Species. In: Baron's Medical Microbiology (Barron S et al, eds.) edición= 4th ed. (via NCBI Bookshelf) ISBN 0-9631172-1-1.
- ↑ Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004). McGraw Hill, ed. Sherris Medical Microbiology (4th ed. ed.). ISBN 0-8385-8529-9.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Haemophilus chapter in Baron's Medical Microbiology (en liña na páxina do NCBI Portada).