HD 89307
HD 89307 (HIP 50473 / GC 14140 / SAO 99049)[1] é unha estrela na constelación de Leo de magnitude aparente 7,06. Atópase a 108 anos luz de distancia do Sistema Solar. No 2004 anunciouse o descubrimento dun planeta extrasolar en órbita ó redor desta estrela.
HD 89307 | |
Data de observación Época X2000.0 Equinoccio X2000.0 | |
---|---|
Constelación | Leo |
Ascensión recta | 10h 18m 21.2877s |
Declinación | +12° 37′ 15.990″ |
Magnitude aparente (V) | 7.06 |
Magnitude absoluta (V) | 4.47 |
Distancia | 108 al (33 pc) |
Tipo espectral | G0V |
Outras denominacións | |
Referencias en bases de datos | |
SIMBAD | datos |
HD 89307 é unha anana amarela de tipo espectral G0V cunha temperatura superficial de 5835 K.[2] É un análogo solar, unha estrela cunhas características físicas que son moi semellantes ás do Sol. Cunha luminosidade aproximadamente un 24% maior cá solar,[3] a súa masa é apenas o 1% máis grande cá do Sol,[2] sendo o seu radio un 10% máis grande có radio solar e xira sobre si mesma a unha velicidade estimada de 2,9 km/s.[3] En canto a súa idade , pode ser unha estrela un pouco máis vella có Sol, cunha idade estimada de 4900 ± 2900 de anos.[2]
HD 89307 presenta un contido metálico un 25% inferior ó solar, sendo o seu índice de metalicidade [Fe/H] = -0,12.[2] Os niveis de silicio, titanio, sodio e níquel son tamén inferiores ós do Sol.[3] En canto ó litio, a abundancia relativa deste elemento (logє[Li] = 2,10) é inferior ó valor cósmico.[2]
Sistema planetario
editarNo 2004 deuse a coñece-la existencia dun planeta xigante, denominado HD 89307 b, orbitando ó redor de HD 89307, cunha masa mínima de 2 veces a masa de Xúpiter. A diferenza doutros exoplanetas descubertos que se atopan moi preto das súas respectivas estrelas nai, a separación media entre HD 89307 b e a estrela é de 3,34 UA. O período orbital é de 2199 días.[4]
Compañeiro (en orde dende a estrela) |
Masa | Raio | Semieixo maior (UA) |
Período orbital (días) |
Inclinación | Excentricidade |
---|---|---|---|---|---|---|
b | 2 ± 0,4 Mx | ? | 3,34 ± 0,17 | 2199 ± 61 | ? | 0,25 ± 0,09 |
Notas
editar- ↑ HD 89307 (SIMBAD)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gonzalez, G.; Carlson, M. K.; Tobin, R. W. (2010). "Parent stars of extrasolar planets - X. Lithium abundances and v sini revisited". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 403 (3): pp. 1368–1380.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Valenti, Jeff A.; Fischer, Debra A. (2005). "Spectroscopic Properties of Cool Stars (SPOCS). I. 1040 F, G, and K Dwarfs from Keck, Lick, and AAT Planet Search Programs". The Astrophysical Journal Supplement Series 159 (1): 141–166.
- ↑ HD 89307 (The Extrasolar Planets Encyclopaedia)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Notes for star HD 89307". The Extrasolar Planets Encyclopaedia. Consultado o 18-08-2008. (en inglés)
- "HD 89307". Extrasolar Visions. Arquivado dende o orixinal o 05-06-2011. Consultado o 18-08-2008. (en inglés)