Gladius é a forma latina para espada; actualmente coñécese con ese nome a espada curta dos lexionarios romanos. Tiña as beiras rectas, con dous gumes, e uns 40–50 cm de lonxitude de folla. Era moito máis unha arma de perforación que de corte, ou sexa, debía ser utilizada como un puñal, ou unha daga, no combate corpo a corpo. Dise que era capaz de perforar a maior parte das armaduras.

Glaudius

Tamén se chamou gladius hispaniensis, por ter sido inspirado en armas utilizadas polos celtiberos na época.

Na República e comezos da época imperial levábase no lado dereito, pero a partir do século II d.C. as espadas usadas pola infantaría fóronse alongando e cambiouse para o lado esquerdo. Non só os lexionarios eran adestrados polos doctores armorum na técnica do gladio, mais tamén os gladiadores.