Gabián (botánica)
En botánica, un gabián é un caule ou talo, folla ou pecíolo especializado con forma filamentosa que utilizan as plantas rubideiras para o apoio e sustentación, xeralmente a través de circunvoluicións arredor de calquera obxecto que toque. Non teñen lámina, aínda que son quen de realizar a fotosíntese. Poden formarse a partir de xemas ou follas modificadas ou de pólas auxiliares.

Historia
editarO primeiro estudo completo foi a monografía Sobre os movementos e hábitos das plantas rubideiras de Charles Darwin, que se publicou orixinalmente en 1865. Nesta obra usou tamén o termo circumnutación para describir o movemento dos gabiáns e caules en crecemento na busca de apoio.
Bioloxía dos gabiáns
editarNo chícharo, só os folíolos se modifican para converterse en gabiáns. Noutras plantas (Lathyrus aphaca) modifícase a folla completa, mentres que as estípulas aumentan de tamañno e realizan a fotosíntese. Outras usan o raque dunha folla composta como gabián, como nos membros do xénero Clematis.
As xerras atrapainsectos especializadas da planta carnívora Nepenthes fórmanse ó final dos gabiáns. Cando se trata de xerras aéreas, os gabiáns adoitan enrolarse no medio, pero se entran en contacto con algún obxecto durante tempo abondo, adoitan enroscarse nel formando un punto de suxeición para a xerra. Deste xeito, axudan a sustentar o caule no crecemento da planta.[1]
Galería
editar-
Nepenthes rafflesiana con gabián enrolado.
-
Gabiáns moi finos.
-
Nunha planta rubideira.
-
Nun cogombro
Notas
editar- ↑ Clarke, C.M. 1997. Nepenthes of Borneo. Natural History Publications, Kota Kinabalu.