Funza
Funza é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia de Sabana Occidente a 10 km de Bogotá. Integra a área metropolitana de Bogotá, segundo o censo DANE 2005.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Cundinamarca | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 80.937 (2019) (1.156,24 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 70 km² | ||||
Altitude | 2.548 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Gonzalo Jiménez de Quesada | ||||
Creación | 1537 (Gregoriano) | ||||
Sitio web | funza-cundinamarca.gov.co |
Toponimia
editarO topónimo «Funza», en muysc cubun (lingua muisca), significa «Home Poderoso». Outro posible significado é «Gran Señor».[1]
Historia
editarÉpoca precolombiana
editarProbablemente na verea El Cacique se atopaba a cabeceira do poboado muisca, capital do Zybyn (clan) de Bacatá e do goberno do Zipazgo.
En tempos do Zipa Saguamanchica, o cacique de Guatavita declaroulle a guerra ó Zipa e partiu co seu exército coa intención de invadir Funza, capital do Zipazgo. Porén, Saguamanchica non só resistiu o ataque, senón que perseguiu ó cacique de Guatavita de regreso ós seus dominios, que foron invadidos polo Zipa.
No momento da chegada dos españois á Confederación Muisca, o Zipa Tisquesusa, decatado da chegada dos estranxeiros, dirixiuse apresuradamente a Funza, capital do Zipazgo de Bacatá, onde ordenou o total desaloxo da poboación para salvagardala dos perigos que puidesen sobrevir coa chegada dos invasores. Todas as tygüi (consortes) do Zipa, que eran máis de catrocentas, foron as primeiras en abandonar a cidade. Así, a Corte do Zipa partiu cara a Facatativá.
Diariamente, o Zipa recibía informes detallados dos seus espías sobre os españois, tentando así comprender de quen podía tratarse, se deuses ou homes. Como as mensaxes informaban que os estranxeiros mostraban unha desmesurada avidez por apoderarse de todo o ouro que atopaban, Tisquesusa ordenou que os seus tesouros fosen agochados de inmediato, facendo dar morte ós encargados dese labor para asegurar o segredo do agocho.
Gonzalo Jiménez de Quesada, exasperado polas continuas dilacións que puña o Zipa nas súas mensaxes, e vendo que este só quería postergar indefinidamente o encontro, decidiu marchar intempestivamente cara a Funza. No camiño os españois foron atacados en múltiples ocasións por homes fieis a Tisquesusa que, escondidos entre os pantanos, disparaban frechas e tirábanlles pedras ós invasores. Ademais, como naquel momento o río Bogotá estaba crecido polas choivas de abril, tiveron algunha dificultade en pasalo.
Cando chegaron os españois á capital do Zipazgo, non atoparon a ninguén, aínda que se admiraron da grandeza das habitacións do Zipa, nas que se aloxaron. Na relación dos capitáns San Martín e Lebrija cóntase que na capital do Zipazgo había moitos templos, que todas as casas eran moi aseadas, ordenadas e amplas. O interior das construcións estaba revestido por cañizos de cordeis de múltiples cores que formaban figuras xeométricas, de animais e antropomórficas.
Unha noite, algúns indíxenas, probablemente enviados por Tisquesusa, atacaron Funza con frechas acesas, e aínda que os españois lograron sufocar o incendio, moitas casas chegaron a ser destruídas. Capturando a algúns dos indíxenas, estes dixéronlle a Quesada que o Zipa se escondía en Tenaguasá, onde foron os españois con moito sixilo, pero cando chegaron, non acharon a ninguén.
Colonia española
editarEn 1572 a vila indíxena de Bogotá (hoxe Funza) foi sinalado como correxemento da provincia de Santafé, incluíndo baixo a xurisdición de Funza as vilas de Serrezuela (hoxe Madrid) e Facatativá. En 1660 construíuse a ponte de pedra sobre o río Funza (antigo nome do río Bogotá), coñecida como “Ponte Grande”.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Sitio oficial de la Alcaldía Municipal de Funza - Historia". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2015. Consultado o 20 de maio de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Funza |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficialArquivado 12 de abril de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)