Friedrich Reinhold Kreutzwald
Friedrich Reinhold Kreutzwald, nado en Jömper/Jõepere (preto de Sankt Katharinen/Kadrina, Condado de Lääne-Viru) o 26 de decembro de 1803 e finado en Tartu o 25 de agosto de 1882, foi un escritor e médico estoniano autor do poema épico Kalevipoeg (O fillo de Kalev), primeiro libro en lingua estoniana.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de decembro de 1803 Jõepere manor (en) |
Morte | 25 de agosto de 1882 (78 anos) Tartu |
Lugar de sepultura | Cemitério Raadi (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso |
Grupo étnico | Pobo estoniano |
Educación | Imperial University of Dorpat (en) |
Actividade | |
Ocupación | tradutor , médico escritor , escritor , escritor de literatura infantil , poeta , recompilador de contos fantásticos |
Membro de | |
Lingua | Lingua estoniana e lingua alemá |
Traxectoria
editarDe orixes humildes, licenciouse en medicina na Universidade de Tartu en 1833, e practicou a profesión de médico en Võru, no sur de Estonia, entre 1833 e 1877.
Paralelamente, foi autor de diversas obras literarias, principalmente de contos populares e poemas. Foi membro da Sociedade Estoniana de Intelectuais fundada en 1838. Esta sociedade, que operaba dende a Universidade de Tartu foi unha grande promotora e defensora da cultura vernácula de Estonia.