Eurostopodus argus
Eurostopodus argus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Eurostopodus argus Hartert, 1892 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Eurostopodus argus é unha especie de ave da orde dos caprimulxiformes, familia dos caprimúlxidos, subfamilia dos eurostopodinos, unha das cinco integradas no xénero Eurostopodus.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1892 polo zoólogo alemán especializado en ornitoloxía Ernst Hartert.[2][3]
Sinónimos
editarAdemais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
- Eurostopus argus Hartert, 1892
- Eurostopodus guttatus gilberti Deignan, 1950
- Eurostopodus argus harterti Mathews, 1912
- Caprimulgus argus Rosenberg, 1867
Características
editarEurostopodus argus é un dos caprimúlxidos máis grandes e coloridos, con patróns intricados con abundancia de manchas e pencas, permítenlle a esta especie mimetizarse perfectamente en solos avermellados, con vexetación, ou marróns cando se encontran en lugares rochosos parcialmente cubertos de follas, ramas e paus.[4]
Na ave adulta en voo é posíbel observar grandes manchas brancas en catro das plumas primarias exteriores.[4]
Miden entre 25 a 28 cm de longo.[4] Os machos pesan entre 81 e 132 g, mentres que as femias son algo máis pequenas e pesan de 74 a 123 g. A envergadura alar é de 20,5 a 23,9 cm, medindo a cola uns 15 cm de longo, e o pico entre 1,5 e 2,5 cm.[5] O pico é de cor de parda clara a anegrada, ocasionalmente máis claro cerca da comisura da mandíbula inferior. O iris é marrón; e as patas tamén son marróns coas garras máis escuras.[6]
Distribución e hábitat
editarEurostopodus argus encóntrase en gran parte de Australia, salvo na costa leste, e pasa o inverno nas illas menores da Sonda e as illas Aru (Indonesia).
Os seus hábitats naturais son os bosques abertos, zonas de arbustos e matogueiras, sabana e mangleirais.[5]
Estado de conservación
editarSegundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais Eurostopodus argus ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da área de distribución, e a tendencia da súa poboación parece ser estábel e, polo tanto, a especie non se acerca aos limiares de vulnerábel de acordo co criterio de tendencia da poboación e, aínda que se cuantificou o tamaño da poboación, non se cre que se acerque aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación. Por estas razóns, o status da especie se avalíase como de LC (pouco preocupante).[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Eurostopodus argus na Lista vermella da UICN. Consultada o 17 de xaneiro de 2023.
- ↑ Eurostopodus argus Hartert, 1892 no GBIF. Consultado o 17 de xaneiro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 Eurostopodus argus Hartert, 1892 na BioLib. Consultada o 17 de xaneiro de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Morcombe, M. (2003): Field guide to Australian birds. Archerfield, Queensland. Steve Parish Publishing Pty Ltd. ISBN 1-7402-1564-8.
- ↑ 5,0 5,1 Cleere, N. (2010): Nightjars: A Guide to Nightjars and related birds. A&C Black. ISBN 1-8734-0348-8.
- ↑ Schodde, R., & Mason, I. J. (1980):3 Nocturnal birds of Australia. Melbourne: Lansdowne Editions. ISBN 978-0-7018-1040-5.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eurostopodus argus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Eurostopodus argus |
Bibliografía
editar- Cleere, Nigel & Nurney, David (1998): Nightjars: A Guide to the Nightjars, Frogmouths, Potoos, Oilbird and Owlet-nightjars of the World. Londres: Christopher Helm. ISBN 1-8734-0348-8.
- Sibley, C. G., Ahlquist, J. E. & Monroe, B. L., Jr (1988): "A classification of living birds of the world based on DNA-DNA hybridization studies". Auk 105: 409-423. (Texto completo).