Estación de Ordes

estación de ferrocarril en Ordes


A estación de Ordes, tamén coñecida como Ordes-Fosado[1][2][3] é unha estación de tren de Adif situada no lugar de Fosado, no concello de Ordes, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Ordes
Predio de viaxeiros, plataformas e vías.
SituaciónOrdes
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria

editar

A estación atópase no punto quilométrico 401,323 da liña férrea que une Zamora e A Coruña a 238 metros de altitude,[4], entre as estacións de Cerceda-Meirama e Santiago de Compostela. Atópase nunha variante do trazado orixinal froito das obras do eixe atlántico de alta velocidade entre A Coruña e Santiago de Compostela.

Historia

editar

A estación foi inaugurada en 2003 substituíndo á antiga estación de Ordes-A Pontraga que se construíu en 1943 no trazado orixinal da liña Zamora-A Coruña entre Santiago de Compostela e A Coruña. Este novo recinto sitúase a máis de 6 quilómetros do casco urbano, o que dificulta o seu uso por parte da poboación.[5]

Está formada por un moderno edificio construído a base de bloques de formigón e con amplas zonas acristaladas. Dispón de dúas plataformas laterais e de catro vías, dúas delas sen acceso a plataforma.

Servizos ferroviarios

editar

Media distancia

editar

Actualizado a 1 de xaneiro de 2018.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
1 Rexional A Coruña <> Santiago de Compostela
Vigo-Guixar
  1. "Ordes pretende recuperar el tren tras el cierre de la estación de Pontagra". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-03-26. Consultado o 2018-01-01. 
  2. El Correo Gallego. "Nadie coge los 4 trenes que paran en Fosado-Ordes" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2018. Consultado o 2018-01-01. 
  3. "Proxecto de mellora fosa séptica estación de Fosado e outras" (PDF). Concello de Ordes. Consultado o 01-01-2018. 
  4. Ordes (Est.) Euroferroviarios
  5. Fosado, a estación fantasma de Ordes El Correo Gallego

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar