Espermateca
A espermateca é un órgano do aparato reprodutor das femias de certos insectos, moluscos e algúns outros invertebrados,[1] no que estas almacenan o esperma dos machos tras a cópula.[2]
Etimoloxía
editarO termo está formado polos elementos esperma- e -teca, ambos os dous derivados das voces do grego antigo σπέρμα, σπέρματος spérma, spérmatos "semite", "seme", e θήκη thḗkē "caixa", "depósito".[2]
Este neoloxismo emprgouse por primeira vez na linguaxe científica en 1826 no inglés.[2]
Función
editarO propósito da espermateca é o de recibir e almacenar a esperma do macho e, xelamente, é alí onde ten lugar a fecundación, é dicir, a unión do gameto feminino con masculino, cando o óvulo está maduro.[1]
A espermateca está recuberta de epitelio e ten forma variábel; algunhas son tubos finos e enroscados, outras son evaxinacións do aparato reprodutor.[3]
Algunhas especies teñen máis de unha espermateca.[3]
Cómpre non confundir este termo con espermatóforo, estrutura que contén espermatozoides, que é precisamente a que os machos introducen na espermateca das feminias durante a cópula.[4][5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 David M. Sever, Cynthia K. Tait, Lowell V. Diller & Laura Burkholder (2004): "Ultrastructure of the Annual Cycle of Female Sperm Storage in Spermathecae of the Torrent Salamander Rhyacotriton variegatus (Amphibia: Rhyacotritonidae)". Journal of Morphology 261: 1–17.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 espermateca en dicciomed. diccionario médico-biológico, histórico y etimológico.
- ↑ 3,0 3,1 Jan A. Pechenik (2014): Biology of the Invertebrates. 7ª edición New York: McGraw Hill Education. ISBN 978-0-0735-2418-4.
- ↑ espermatóforo en dicciomed. Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico].
- ↑ "Espermatóforos" en Curso de Taxonomía de Oligoquetos.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Reprodución sexual
- Artrópodos: Reprodución e desenvolvemento