Elementos do grupo 4
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
O grupo 4 da táboa periódica compréndeno os elementos titanio (Ti), circonio (Zr) e hafnio (Hf), así como o elemento rutherfordio (Rf), aínda que non se adoita ter en conta ao referirse ao grupo 4 pois se trata dun elemento sintético e radioactivo.
Nomenclatura
editar"Grupo 4" é o nome recomendado pola IUPAC; o antigo nome europeo é "grupo IVA", mentres que o nome antigo estadounidense é "grupo IVB". O nome da IUPAC non debe confundirse cos antigos, dados con números romanos.
Propiedades
editarEstes metais son bastante reactivos (sobre todo cando están en forma de esponxa porosa, de gran superficie específica, son pirofóricos, isto é, ao exporse á acción do aire vólvense vermellos e inflaman espontaneamente). Ao estar compactos son pasivos, case inatacables por calquera axente atmosférico.
Galería de imaxes
editarVéxase tamén
editar Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |