El Eco Ortegano
El Eco Ortegano foi un periódico editado en Ortigueira de 1902 a 1913.
El Eco Ortegano | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1902 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ortigueira |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Semanario independiente, apareceu o 5 de xaneiro de 1902. Fundado por José Antonio Calvo Montero, cunha orientación liberal, o administrador era Ramón Álvarez Fustes, con Federico Maciñeira na redacción. En febreiro de 1905 pasou a dirixilo Dámaso Calvo Moreiras, fillo do fundador. A partir de 1906 o administrador pasou a ser Manuel Cabarcos. Insería informacións dos concellos da comarca, folletíns, crónicas políticas e traballos vinculados cos emigrantes galegos de América.
Tivo unha segunda época que comezou o 15 de xaneiro de 1911. O cambio de orientación política do seu director desencadeou a modificación da súa tendencia liberal por unha postura máis conservadora. Cesou a súa publicación o 26 de outubro de 1913.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Eco Ortegano, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Eco Ortegano, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 377. ISBN 84-7492-489-8.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Suárez Sandomingo, José Manuel (18/4/2012). "José Antonio Calvo Montero, notario vitalicio de Ortigueira" galiciadigital.com (en castelán)
- Suárez Sandomingo, José Manuel (11/10/2012). "Dámaso Calvo Moreiras, prestigioso abogado y culto escritor" galiciadigital.com (en castelán)