Efecto Coandă
O efecto Coandă é o fenómeno físico procucido en mecánica dos fluídos, no que unha corrente de fluído, gasosa ou líquida, tende a ser atraída por unha superficie veciña a súa traxectoria. O termo foi acuñado por Albert Metral en homenaxe ao enxeñeiro aeronáutico romanés Henri Coandă, que descubriu o efecto no seu prototipo de avión a reacción.[1]
Explicación
editarAo verter algo sólido nunha superficie curva, como un cilindro, rebotará cara a un lado; o cilindro, polo principio de acción-reacción, tenderá a ir cara ao outro lado. Mais ao verter un líquido, debido á súa viscosidade, tenderá a "pegarse á superficie curva". O fluído sairá en dirección oposta. Neste caso, o fluído será atraído cara ao cilindro.
Imaxinando o líquido que cae como miles de capas de auga, as capas que tocan o cilindro pegaranse. As capas contiguas, polo rozamento, pegaranse a esta e desviaranse un pouco. As seguintes capas, igualmente, desviaranse algo máis.
Descubrimento
editarO efecto Coandă foi descuberto en 1910 por Coandă (1885-1972), que se interesou no fenómeno despois de destruír un prototipo de aeroplano desenvolvido por el, o (Coandă-1910). Tras observar como as chamas e os gases queimados que saían dos motores se aproximaban á fuselaxe,[1] Coandă notou que un fluído tende a seguir o contorno da superficie sobre a que incide, se a curvatura desta, ou o ángulo de incidencia do fluído coa superficie, non son demasiado acentuados.
Efecto Coandă no mundo das carreiras
editarNo automobilismo, e en especial na Fórmula 1, este efecto utilízase para canalizar o fluxo de aire onde se desexe en certas partes do chasis do monopraza sen ter que deflectalo en demasía, evitando gran resistencia aerodinámica.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Aeronautics Learning Laboratory for Science Technology and Research (ALLSTAR) Arquivado 24 de febreiro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2011.