Disc-jóckey

persoa que mestura música gravada para un público

Un disc-jóckey[1], máis comunmente abreviado como DJ, é unha persoa que toca e mestura música gravada para un público. Os tipos de DJ inclúen DJs de radio (que organizan programas en emisoras de radio de música), DJ de clubs (que traballan nas discotecas ou festivais de música), DJs móbiles (que son contratados para traballar en eventos públicos e privados como vodas, festas ou festivais), e turntablists (que usan tocadiscos, para manipular os sons dos discos fonográficos). Orixinalmente, o "disco" en "disc-jóckey" referíase aos discos de goma laca e posteriormente de vinilo, pero hoxe en día úsase DJ como un termo que abarca tamén ás persoas que mesturan música doutros medios de gravación, como casetes, CD ou ficheiros de son dixital nun CDJ ou nun portátil. Estes equipos poden reproducir, como mínimo, dous tipos de música gravada, de maneira simultánea, e mesturalos entre si. Isto permite que o DJ cree transicións entre cancións.

O DJ Jeff Mills.
Bigote Mix no bar Medusa, Santiago de Compostela.

Os DJ poden adoptar o título "DJ" diante dos seus nomes reais, pseudónimos adoptados ou nomes artísticos.[2]

  1. "disc-jóckey". Real Academia Galega. Consultado o 2023. 
  2. "What is a DJ?". wearecrossfader.co.uk. Consultado o 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar