Dioico
Un organismo dioico, diclino ou gonocórico, é aquel en que as gónadas e, con elas, os gametos masculinos e femininos, son portados por individuos distintos da mesma especie.[1][2][3][4] Este fenómeno coñécese como dioecia,[5][6] ou diclinia.[7]
Etimoloxía
editarO termo dioico deriva de dioecia. A palabra dioecia está formada polos elementos di- e -oecia, tirados do grego antigo δι- di-, de δίς dís, "dúas veces", e da palabra οἰκία oikía, "casa". Literalmente: "de dúas casas".[5]
En canto a diclino , é un termo formado polos elementos di- e -clino, este último derivado do grego antigo κλίνη klínē, "tálamo", "leito conxugal".[7] Literalmente: "de dous leitos". Diclinia deriva de diclino.[7]
Nos vexetais
editarNas plantas, esta característica aparece en especies primitivas como o gingko (Ginkgo biloba) e a cica (Cycas revoluta), mais tamén nalgunhas máis evolucionadas como o pistacho ou alfóncigo (Pistacia vera).
Nos animais
editarEn animais, dáse o fenómeno inverso, xa que os grupos de maior complexidade como os artrópodos entre os protóstomos e vertebrados entre os deuteróstomos son practicamente na súa totalidade dioicos.
Notas
editar- ↑ dioico, dioica no dicionario da RAG.
- ↑ dioico, ca no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.
- ↑ diclino, na no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.
- ↑ gonocorismo no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.
- ↑ 5,0 5,1 dioecica no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.
- ↑ K. S. Bawa (1980). "Evolution of Dioecy in Flowering Plants". Annual Review of Ecology and Systematics (en inglés) 11: 15–39.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 diclinia no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.
- ↑ Physalia physalis na ADW.