Diego Ameixeiras

escritor e xornalista galego

Diego Ameixeiras Novelle, nado en Lausana o 5 de novembro de 1976, pero criado en Ourense, é un xornalista e escritor galego. Foi traducido a varios idiomas, entre eles o catalán e o castelán.

Modelo:BiografíaDiego Ameixeiras

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Lausana, Suíza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, tradutor Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Facebook: diego.ameixeiras Twitter: diegoameixeiras BNE: XX1684591 Bitraga: 3440 BUSC: ameixeiras-novelle-diego-1976 Dialnet: 2032505 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Traballou como guionista para varias series emitidas pola Televisión de Galicia (Terra de Miranda, Os Atlánticos, Matalobos) e como colaborador nos xornais Diario de Pontevedra e El Mundo. Foi coguionista das longametraxes 18 comidas (Jorge Coira, 2010), pola que recibiu un Premio Mestre Mateo ao mellor guión, e La mujer del Eternauta (Adán Aliaga, 2011).

Publicou dúas novelas de serie negra ambientadas en Ourense: Baixo mínimos (2004) e O cidadán do mes (2006), protagonizadas polo detective Horacio Dopico. O estilo destas dúas obras, parodia do hard-boiled enchido de dialectalismos correspondentes ás falas de Ourense, aproxímano á produción narrativa de Bieito Iglesias.

En 2006 gañou o Premio Xerais de Novela con Tres segundos de memoria, obra catalogada como "xeracional" pola crítica e cuxo argumento narra o día a día dun personaxe anónimo atrapado na precariedade económica e sentimental. Escrita con humor, a novela está chea de referencias literarias e musicais; así, por exemplo, nun dos seus capítulos o autor homenaxea o autor Nick Hornby de High Fidelity. En 2009 publicou a súa cuarta novela, Dime algo sucio, que foi, xunto con Sete palabras de Suso de Toro, o primeiro libro electrónico publicado pola editorial Xerais. Traducida ao castelán por Pulp Books, esta novela significou un cambio de rumbo na traxectoria do autor, centrado agora en problemas espiñentos como a pederastia. Dime algo sucio recibiu o Premio Especial do Director da Semana Negra de Xixón na súa edición de 2011, ex aequo con Las niñas perdidas, de Cristina Fallarás.[1]

En setembro de 2010 editouse a novela Asasinato no Consello Nacional, que se converteu nun éxito de vendas. En 2011 gañou o premio de novela por entregas de La Voz de Galicia con Historias de Oregón, publicado no xornal durante o mes de agosto.[2]

Colaborou no monográfico A falacia da sustentabilidade, editado por Renderén.

Na actualidade escribe en La Voz de Galicia.

 
Ameixeiras (no centro da imaxe) na Semana Negra de 2017 celebrada en Xixón, canda a Álvaro Aguilera (drta.).

Narrativa adulta

editar
 
Presentando O cervo e a sombra na Libraría Paz de Pontevedra o 13 de novembro de 2021

Narrativa infantil e xuvenil

editar

Novela gráfica

editar

Teatro

editar
  • Curriculum vitae (2012; xunto con Álex Sampayo, Borja F. Caamaño, Avelino González, Araceli Gonda, José Prieto e Manuel Cortés)
  • O aniversario (2015)
  • Get Back[8] (2016)

Tradución

editar

Galardóns e nomeamentos

editar
  1. "Diego Ameixeiras leva o premio especial da Semana Negra de Xixón", artigo en Cultura Galega, 29 de xullo de 2011.
  2. "Diego Ameixeiras faise co Premio de Novela de La Voz de Galicia", artigo en Cultura Galega, 8 de xullo de 2011
  3. Núñez Sabarís, Xaquín (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Non haberá paz para os derrotados". Grial LX (233): 107–108. ISSN 0017-4181. 
  4. "Un anarquista - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-03-11. 
  5. Ficha da obra Arquivado 07 de maio de 2024 en Wayback Machine. en tambre.es.
  6. "Os Suicidantes - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-11-08. 
  7. Núñez Sabarís, Xaquín (Xullo, agosto, setembro). "Compostela distópica". Grial LXII (243): 80, 81. ISSN 0017-4181. 
  8. Páxina web da obra Get Back
  9. "O Premio Nacional de la Crítica recoñece a obra de Diego Ameixeiras e de Medos Romero". La Voz de Galicia. 2022-04-10. Consultado o 2022-04-10. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar