Denominación de orixe
Denominación de orixe (D.O. ou D.O.C., en Francia Appellation d'Orixine Contrôlée, AOC) é un tipo de indicación xeográfica aplicada a un produto agrícola ou alimenticio cuxa calidade ou características débense fundamental e exclusivamente ao medio xeográfico no que se produce, transforma e elabora.
Noutras palabras, é unha cualificación que se emprega para protexer legalmente certos alimentos que se producen nunha zona determinada, contra produtores doutras zonas que quixesen aproveitar o bo nome que crearon os orixinais, nun longo tempo de elaboración ou cultivo.
Os produtores que se acollen á denominación de orixe, comprométense a manter a calidade o máis alta posible e a manter tamén certos usos tradicionais na produción, por exemplo, no caso do viño, en certas zonas esíxese utilizar a uva tradicional da zona. Así mesmo, adoita existir un organismo público regulador da denominación de orixe, que autoriza exhibir o distintivo aos produtores da zona que cumpren as regras.
A ventaxe fundamental da denominación de orixe é que garante ao consumidor un nivel de calidade máis ou menos constante e unhas características específicas. A cambio, os produtores obteñen unha protección legal contra a produción ou elaboración de tales produtos noutras zonas, aínda que se utilicen os mesmos ingredientes e procedementos, que lles permite influír sobre o prezo final destes. Tamén se sinala que esta figura fomenta a organización do sector produtivo e facilita o acceso de produtores a mercados nacionais e internacionais.
Na actualidade[1] existen 36 produtos galegos clasificados como denominación de orixe protexida.
Notas
editar- ↑ Outubro de 2023.