Cuiabá é a capital do Estado brasileiro de Mato Grosso. Forma unha conurbación co veciño municipio de Várzea Grande. Está localizada a 1133 km de Brasilia e 1462 km de Porto Velho, sendo importante punto de pasaxe entre o sueste do Brasil e a rexión Amazónica.

Modelo:Xeografía políticaCuiabá
Imaxe

HimnoHino do município de Cuiabá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 15°35′45″S 56°05′49″O / -15.5958, -56.0969
EstadoBrasil
Unidades da federaciónMato Groso - Mato Grosso Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación585.367 (2016) Editar o valor en Wikidata (167,47 hab./km²)
Xeografía
Superficie3.495,424 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude165 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación8 de abril de 1719 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Prefeito (pt) Traducir Editar o valor en WikidataAbilio Jacques Brunini Moumer (pt) Traducir (2025–2028) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativocâmara municipal de Cuiabá (pt) Traducir , (Escano: 25) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal78000-000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico65 Editar o valor en Wikidata
Código de concello do Brasil5103403 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcuiaba.mt.gov.br Editar o valor en Wikidata

A orixe do seu nome é a palabra indíxena Ikuiapá. Ikuia significa "arpón"; significa "lugar". Ou sexa, o lugar dende o que se pesca con arpón.

Relevo

editar

O cadro xeomorfoloxico do municipio está, en gran parte, representado pola Chapada dos Guimarães, unha gran meseta non moi distante (uns 60 km) do centro da cidade. Pero tamén aparecen no relevo o Planalto da Casca e a Depresión Cuiabana. Predominan as pequenas altitudes e o relevo case plano. Na cidade, as altitudes varían entre os 146 e os 250 metros.

O clima é tropical quente e subhúmido. A media anual chuvias é de 1.750 mm, con intensidade máxima en decembro, xaneiro e febreiro. A temperatura máxima, nos meses mais quentes, fica próximo ós 43oC. A mínima varía entre 12 e 14 °C. A temperatura media é de 24 °C. A temperatura mínima rexistrada chegou ó 0 °C.

Localización estratéxica

editar

Cuiabá é cercada por tres grandes ecosistemas do mundo: a Amazonia, o Cerrado Brasileiro e o Pantanal. Cun clima moi quente, o lugar está ao norte do Pantanal, ao lado da Chapada dos Guimarães e tamén é considerada a porta de entrada da Foresta Amazónica.

Cuiabá está localizada no Centro Xeodésico da América do Sur. A Gran Cuiabá, formada coa veciña cidade de Várzea Grande, é o portón de entrada non só do Pantanal, pero tamén para Águas Quentes, Chapada dos Guimarães, Vila Bela da Santíssima Trindade e moitas outras rexións do estado. Cuiabá e Várzea Grande son cidades-irmás, unidas polo río Cuiabá.

Economía

editar
 
Catedral.

A economía de Cuiabá, hoxe, está centralizada no comercio e na industria. O sector industrial é representado, basicamente, pola agroindustria. Cun distrito industrial que ten infra-estrutura necesaria, a capital atraeu empresarios de varias rexións do país.

Na agricultura cultívanse lavouras de subsistencia e hortifrutigranxeiros. Nos servizos, destaca o sempre crecente mercado do turismo. A rexión da Chapada dos Guimarães, por exemplo, está a 60 km do centro da cidade.

Véxase tamén

editar