Citoplasma

(Redirección desde «Contido celular»)

O citoplasma é unha parte da célula presente tanto en células procariotas coma eucariotas. Na célula procariota é a parte que se encontra dentro da membrana plasmática, e na célula eucariota é a parte que se encontra entre o núcleo celular e a membrana.[1] Trátase dunha emulsión coloidal moi fina de aspecto granuloso, o citosol ou hialoplasma, en medio da cal se atopa unha rede de filamentos proteicos que forman o citoesqueleto e unha diversidade de orgánulos celulares con diferentes funcións.[2]

Esquema dunha célula animal, cos seus orgánulos e outros compoñentes subcelulares:
(1) Nucléolo
(2) Núcleo celular
(3) Ribosomas (os pequenos puntos)
(4) Vesícula
(5) Retículo endoplasmático rugoso
(6) Aparato de Golgi
(7) Citoesqueleto
(8) Retículo endoplasmático liso
(9) Mitocondria
(10) Vacúolo
(11) Citoplasma
(12) Lisosoma
(13) Centríolos no centrosoma

A súa función é conter os orgánulos celulares e contribuír aos movementos da célula. O citosol é o lugar onde se producen moitos dos procesos metabólicos da célula.

O citoplasma ás veces está dividido nunha rexión externa xelatinosa, próxima á membrana e implicada no movemento celular, que se denomina ectoplasma, e unha parte interna máis fluída, que recibe o nome de endoplasma, que é onde se atopan a maioría dos orgánulos.[3] No citoplasma están disoltos os diversos nutrientes que conseguiron atravesar a membrana celular.

Gran parte do citoplasma das células eucariotas está ocupado por un retículo de membranas coñecido como retículo endoplasmático (liso e rugoso), as cales serven de superficie de traballo para moitas das actividades celulares bioquímicas, polo que é máis grande nas células con maior actividade de exportación de substancias fóra da célula. Este retículo non existe nas células procariotas.[4].

Citoesqueleto

editar
 
Citosqueleto de fibroblastos do embrión dun rato.
Artigo principal: citoesqueleto.

No citoplasma existe unha rede de filamentos proteicos que lle dan forma e organización interna á célula e permiten o seu movemento.[5]

. O conxunto de todos eles constitúe o citoesqueleto. No citosqueleto distinguimos tres tipos de filamentos:

Estas estruturas manteñen unha relación coas proteínas que as rodean e orixinan outras estruturas máis complexas e estables. Tamén son as encargadas do movemento celular.

Citosol

editar
Artigo principal: citosol.

O citosol defínese como a parte do citoplasma que queda como sobrenadante despois de centrifugar un extracto celular a 150.000 g durante unha hora.[6] Está formado por unha solución líquida denominada hialoplasma ou citosol,[7] onde se atopan os diferentes orgánulos. É un material acuoso, unha solución ou suspensión de biomoléculas vitais móbiles. Moitos procesos bioquímicos, incluíndo a glicólise, teñen lugar no citosol.

Nunha célula eucariota pode ocupar dun 50% a un 80% do volume total da célula. Componse aproximadamente dun 70% de auga mentres que o resto dos seus compoñentes son moléculas que forman unha disolución coloidal. Estas moléculas adoitan ser macromoléculas.

Ao ser un líquido acuoso, o citosol non ten forma ou estrutura estables, ben que transitoriamente, pode adquirir dous tipos de formas:

  • Unha forma con consistencia de xel.
  • Un coloide, de consistencia fluída ou sol.

Os cambios na forma do citosol son debidos ás necesidades temporais metabólicas da célula, e teñen un papel importante na locomoción celular.[5]

Orgánulos

editar
Artigo principal: orgánulo.

No citoplasma aparecen diversas formacións chamadas orgánulos, cada unha cunha función específica. O citoplasma conten unha parte do xenoma do organismo, porque, aínda que a maioría do xenoma se encontra no núcleo, algúns orgánulos, como as mitocondrias e cloroplastos, teñen unha certa cantidade de ADN.[8][9] Algúns dos orgánulos celulares son extensos sistemas de membranas, outros teñen forma vesicular e son pequenos, outros carecen de membrana. As células bacterianas son as que menos orgánulos teñen, xa que xeralmente carecen de sistemas membranosos dentro do citoplasma, pero teñen ribosomas. Algúns orgánulos son característicos da célula vexetal (plastos) ou da animal (centríolos). Xunto aos orgánulos, no citoplasma atopamos diversas vesículas e inclusións (gránulos de substancias almacenadas).

Os principais orgánulos son: mitocondrias, cloroplastos, retículo endoplasmático, aparato de Golgi, lisosomas, peroxisomas, centríolos, vacúolos e ribosomas.

  1. Foz i Sala, M.; Llauradó i Miret, E. i Ramis i Coris, J. (coordinadores) (2010). "Entrada "citoplasma"". Diccionari Enciclopèdic de Medicina. Enciclopèdia Catalana. Arquivado dende o orixinal o 24-09-2015. Consultado o 11-01-2010. 
  2. van Zon A, Mossink MH, Scheper RJ, Sonneveld P, Wiemer EA (2003). "The vault complex". Cell. Mol. Life Sci. 60 (9): 1828–37. PMID 14523546. doi:10.1007/s00018-003-3030-y. 
  3. Nicolás Gillarim A.; Rodolfo Malpartida A.; Gillari Cés P.; Mónica Pastore P.; Fernando Papa Baumgärtner G. i M. Bertona A. (coordinadores) (2007). "Letra E". Diccionario Ecológico. Ambiente Ecológico. Consultado o 11-01-2010. ISSN 1668-3358
  4. Andres, Mario (2007). "Membrana citoplasmática". Monografias.com. Consultado o 26-10-2007. 
  5. 5,0 5,1 "La célula, estructura y fisiología" (PDF). Consejería de Educación. Goberno de Canarias. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02-12-2006. Consultado o 26-10-2007. 
  6. Horton, R.; Moran, L. A.; Scrimgeour, G.; Perry, M. i Rawn, D. (2005). Principles of Biochemistry (en inglés) (4a edición ed.). Prentice Hall. pp. pàg. 3. ISBN 978-0131453067. 
  7. Foz i Sala, M.; Llauradó i Miret, E. i Ramis i Coris, J. (coordinadores) (2010). "Entrada "Citosol"". Diccionari Enciclopèdic de Medicina. Enciclopèdia Catalana. Arquivado dende o orixinal o 18-10-2019. Consultado o 11-01-2010. 
  8. J.S. Raisman i Ana M. González. "El genoma extranuclear". Hipertextos del Área de Biología. Facultad de Agroindustrias. Arquivado dende o orixinal o 20-10-2007. Consultado o 26-10-2007. 
  9. "Cloroplastos". Biología. soko.com.ar. 2007. Arquivado dende o orixinal o 15-07-2010. Consultado o 26-10-2007. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Glenn i Susan Toole (1999). Biology for Advanced Level. Cheltenham: Stanley Thornes Publishers Ltd. ISBN 0-7487-3957-2. 
  • C. J. Clegg i D. G. Mackean (2000). Advanced Biology: Principles and Applications. Cheltenham: Stanley Thornes Publishers Ltd. ISBN 978-0-7195-7670-6. 
  • ALBERTS, Bruce i cols. Biologia molecular de la cèl·lula. Trad. de Mercè Durfort i Coll i Miquel Llobera i Sande. Barcelona: Ediciones Omega, S.A., 1994. 1376 pàg. ISBN 84-282-0927-8

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar