Concello de Malmö
Malmö é un concello sueco do condado de Escania.[1] A súa capital é a cidade de Malmö, a terceira máis grande do país. O muncicipio é parte do Stormalmö (a área metropolitana de Malmö) e constitúe o seu propio distrito electoral nas eleccións parlamentarias en Suecia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Escania ![]() | ||||
Capital | Malmö ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 365.252 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 334,45 km² ![]() | ||||
Altitude | 28 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | concello de Burlöv Tårnby (pt) ![]() Dragør (pt) ![]() Concello de Kävlinge Município de Copenhaga (pt) ![]() Svedala (pt) ![]() Vellinge (pt) ![]() concello de Staffanstorp concello de Lomma ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Malmö Municipality, Sweden (en) ![]() ![]() | Arne Lundberg (en) ![]() Tore Lundström (1973–1981) Nils Yngvesson (en) ![]() Joakim Ollén (en) ![]() Nils Yngvesson (en) ![]() Lars Engqvist (1990–1992) Joakim Ollén (en) ![]() Ilmar Reepalu (pt) ![]() Katrin Stjernfeldt Jammeh (en) ![]() ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Antalya Vaasa (1940–) Varna (1987–) Tangshan (pt) ![]() Port Adelaide (en) ![]() Kaliningrado (1988–) Talín (1989–) Florencia (1989–) Szczecin (1990–) Stralsund (1991–) Provincia de Chieti (2001–) Newcastle upon Tyne (2003–) ![]() | ||||
Sitio web | malmo.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O concello pertence a unha das zonas con maior influencia cultural de Suecia. Durante moito tempo foi un dos concellos industriais máis importantes de Suecia. Porén, no presente os sectores máis grandes son o comercio, os servizos empresariais, e, sobre todo, o sector público.
Dende a formación do municipio en 1971 a poboación disminuíu, pero a tencencia cambiou a pincipios dos anos 2000 e o presente os habitantes continúan aumentando. En setembro de 2022 o municipio tiña unha poboación de 356 165 habitantes.[2] O concello é un forte bastión para os socialdemócratas, que están no poder dende o ano 1994.
Xeografía
editarO concello está situado no suroeste do lanskap de Skåne, co Öresund ao oeste. O municipio de Malmö limita ao norte cos concellos de Burlöv e Staffanstorp, ao leste co de Svedala e ao sur co de Vellinge. O concello ten fronteira marítima ao norte cos municipios de Kävlinge e Lomma. No outro lado do Öresund limita cos concellos daneses de Dragør, Tårnby e Copenhague.
Conservación natural
editarNo ano 2022 había tres reservas naturais no concello de Malmö: os prados húmidos de Bunkeflo, Foteviksområdet e a canteira de calcaria de Limhamn.[3]
A primeira reserva natural do municipio, os prados húmidos de Bunkeflo, fundouse en 2006 e está administrada polo concello. Nela hai 300 especies distintas de plantas, algunhas delas bastante raras.[4] A seguinte reserva, a da canteira de Limhamn, fundouse en 2010 e tamén está administrada polo municipio. Para acceder á zona, que alberga 2 000 especies diferentes, precísase guía.[5]
Foteviksområdet fundouse en 2011 e tamén está clasificada como unha zona da Rede Natura 2000. A área é o lugar máis importante en Suecia para o moi raro pilro curlibico. Ademais atópanse dúas especies de anfibios moi raras, o sapo verde europeo e o sapo corredor. A tamén rara avelaíña Photedes morrisii pode atparse nas zonas con xuncos.[6]
Notas
editar- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-12-28.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 3, 2022". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-12-28.
- ↑ "Naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-12-29.
- ↑ "Bunkeflo strandängar". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-12-29.
- ↑ "Limhamns kalkbrott". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-12-29.
- ↑ "Foteviksområdet". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-12-29.