Comarca de Viana

comarca na provincia de Ourense

A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, á cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Os dous primeiros forman parte da comarca natural das Frieiras e os dous últimos da Terra do Bolo.

Modelo:Xeografía políticaComarca de Viana
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°06′N 7°06′O / 42.1, -7.1
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.591 (2020) Editar o valor en Wikidata (7,49 hab./km²)
Xeografía
Superficie746,31 km² Editar o valor en Wikidata

A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.

Demografía

editar

A comarca de Viana tiña 5.591 habitantes en 2020. É unha área de forte envellecemento, pois en 2020 o 39,53 % da poboación (2.210 persoas) superaba os 65 anos. Pola contra, tan só 404 habitantes tiñan 15 ou menos anos, o 7,23 %. En 2020 rexistrou 18 nacementos e 128 óbitos, que deixan un saldo vexetativo negativo de -110. A idade media ascendía a 55,62 anos en 2020.[1]

Posición Concello Habitantes[2] Porcentaxe
Viana do Bolo 2.818 50,40 %
A Gudiña 1.236 22,11 %
A Mezquita 1.013 18,12 %
Vilariño de Conso 524 9,37 %
Total Comarca de Viana 5.591 100 %
Padrón municipal 2020 5.591 habitantes[1]
Menores de 15 anos 404 (7,23 %)
Entre 16 e 64 anos 2.977 (53,25 %)
Maiores de 65 anos 2.210 (39,53 %)

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-01. 
  2. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-01. 

 
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.