Comarca de Ferrol
A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño. Limita ao norte e ao leste co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,45 km² e conta cunha poboación de 151.822 habitantes no 2020, distribuídos en 11 concellos.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Ferrol | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 151.822 (2020) (243,52 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 623,45 km² | ||||
Xunto coas comarcas de Eume e Ortegal, integra a ambigua e non oficial Ferrolterra.
Descrición
editarA comarca pódese dividir en tres subcomarcas claramente diferenciadas:
- Os concellos bañados pola ría de Ferrol: Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda. Moi cohesionados entre si, son pequenos en extensión e teñen gran densidade de poboación; dependen en gran medida de Ferrol e Narón nas súas relacións. Desde 1971 existe unha Mancomunidade de Concellos da comarca Ferrol, na que se integrou Valdoviño en 1977.
- Unha segunda zona, a máis afastada da costa, esténdese polos concellos de Valdoviño, San Sadurniño, Moeche e As Somozas.
- A terceira consiste en Cedeira.
En todos os casos as intensas relacións funcionais con Ferrol integran estas diferentes vinculacións locais nunha unidade comarcal de orde superior moi condicionada por relacións económicas, sociais, administrativas e sanitarias. Ferrol é o concello de mallor importancia económica e o de maior poboación. A administración estatal, moi vinculada a intereses militares, a Xunta de Galicia e a xudicatura teñen a súa sede en Ferrol. A sanidade está artellada na organización do Sergas con sede no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.
Padrón municipal 2020 | 151.822 habitantes[1] |
---|---|
Menores de 15 anos | 18.365 (12,10%) |
Entre 16 e 64 anos | 92.495 (60,92%) |
Maiores de 65 anos | 40.962 (26,98%) |
Concellos
editarPertencen á comarca de Ferrol os seguintes 11 concellos:
Galería de imaxes
editar- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Ferrol
-
Concellos da comarca de Ferrol.
-
Área comarcal de Ferrol
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-04-10.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Comarca de Ferrol |
Bibliografía
editar- Romero Masiá, A. M. e Pose Mesura, X. M. 1986. Catalogación arqueolóxica da Ría de Ferrol. Sada, Museo Arqueolóxico Provincial - Concello de A Coruña (Monografía urxentes do Museu, 2).