Clima subtropical
O Clima subtropical é característico das áreas xeográficas polas que pasa o Trópico de Capricornio, con temperaturas medias abaixo dos 20 °C. Hai tamén alternancia anual entre 9 °C e 13 °C.
En áreas máis elevadas, o inverno é intenso, con nevadas esporádicas], e o verán é suave. A precipitación de choivas é intensa, acadando unha media de ata 2.000 mm/ano, de forma ben distribuída ao longo das estacións. A vexetación nas áreas de clima subtropical é diferente conforme a altitude do lugar. Nas partes máis altas, presenta piñeirais e araucarias. En planicies, hai predominancia de gramíneas.