Charles Hutton
Charles Hutton, nado o 14 de agosto de 1737 e finado o 27 de xaneiro de 1823, foi un matemático inglés.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de agosto de 1737 ![]() Newcastle upon Tyne (Reino de Gran Bretaña) ![]() |
Morte | 27 de xaneiro de 1823 ![]() Londres (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) ![]() |
Lugar de sepultura | St Luke's Church, Charlton (en) ![]() ![]() |
Editor literario The Ladies' Diary (en) ![]() | |
1774 – 1818 ← Edward Rollinson (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Edimburgo - doutor honoris causa Royal Grammar School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | matemático, inventor ![]() |
Empregador | Royal Military Academy, Woolwich (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography The Nuttall Encyclopædia >>>:Hutton, Charles Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarHutton naceu na cidade de Newcastle upon Tyne baixo o teito dunha familia acomodada de Westmoreland. Aos sete anos disloca un ombro nunha liorta cun compañeiro de clase, facendo que acabe recibindo educación de profesores particulares que lle axudaran no seu desenvolvemento matemático.
Hutton publica a súa primeira obra titulada The Schoolmaster's Guide, or a Complete System of Practical Arithmetic en Newcastle en 1764. Trátase dun libro elemental de aritmética que foi adoptado intensamente nas escolas.
Tivo grande inquietude por todos os aspectos da ciencia e publicou innumerables artigos nas revistas científicas da época. En 1774, grazas ás medicións de Nevil Maskelyne (1732-1811), mide por primeira vez a constante gravitacional.
Durante a súa vida ampliou e traduciu ao inglés certas edicións de Montucla Histoire des mathématiques publicándose en Londres no ano 1803 e posteriormente ampliado en 1814.
Obras
editar- The Schoolmasters Guide, or a Complete System of Practical Arithmetic, 1764
- Tables of the Products and Powers of Numbers, 1781
- Mathematical Tables, 1785
- Elements of Conic Sections, 1787
- Course of Mathematics, 1798
- Mathematical and Philosophical Dictionary, 1795. Esta é unha das súas máis famosas obras.
- Recreations in Mathematics and Natural Philosophy, 1803, Catro volumes principalmente traducidos do francés.
- A Treatise on Mensuration, (1767-1770).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- A memoir of Charles Hutton, J. Bruce (Newcastle, 1823).