Celenterados

(Redirección desde «Celenterado»)
Para a información sobre os cnidarios (augamares ou medusas, pólipos de coral, anemones etc.) ver Cnidaria.
Coelenterata

Arriba, os Ctenophora, como Beroe spp. da imaxe foron nalgún tempo considerados celenterados. Abaixo, o Cnidaria Aequorea. Celenterado e cnidario foron considerados sinónimos, ao separar do grupo aos ctenóforos.


Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Coelenterata
Filos

Ctenophora
Cnidaria

Os Coelenterata ou celenterados (tamén chamados celentéreos) é a denominación dun grupo taxonómico hoxe obsoleto, que xa non se usa nas clasificacións modernas. Durante un tempo comprendía o grupo dos Cnidaria e Ctenophora [1][2][3], que se consideraban diblásticos e radiados. Despois, os Ctenophora foron separados e o termo pasou a utilizarse como sinónimo de Cnidaria,[4][5] pero nas clasificacións modernas o termo foi abandonado en favor de Cnidaria.[6]

O nome procede do grego koilos, "oco", referíndose á súa cavidade interna, e de enteron, "intestino". Esta cavidade interna é o celénteron ou cavidade gastrovascular.

Relacións filoxenéticas

editar
Artigos principais: Cnidaria e Ctenophora.

Xa en 1866 se propuxo que Cnidaria e Ctenophora estaban máis relacionados entre si que cos animais bilaterais (Bilateria) e formouse con eles o grupo dos Coelenterata. En 1881 propúxose que Ctenophora e Bilateria eran grupos próximos, pero as análises recentes desbotan esta idea e polo contrario indican que son os Cnidaria os que están máis próximos aos bilaterais.[7][8] A estrutura diblástica e a presenza dunha soa abertura corporal e cavidade fixera crer que os cnidarios e os ctenóforos estaban relacionados. Pero agora sábese que a estrutura embrionaria de cternóforos e cnidarios non está relacionada, e tampouco hai outros datos que demostren que ambos os grupos comparten un devanceiro común. Hoxe hai un acordo xeral en que a similitude entre Ctenophora e Cnidaria (a forma medusoide) débese a converxencia evolutiva debida ao feito de estaren os dous grupos adaptados á vida peláxica. Os ctenóforos bentónicos non se parecen en absoluto aos pólipos. Os ctenóforos carecen de ciclo metaxénico de vida e dos cnidoblastos característicos dos cnidarios, pero teñen coloblastos. As análises filoxenéticas indican que Ctenophora e Cnidaria son grupos separados [9].

Pola súa parte, a posición dos Ctenophora dentro do reino animal foi debatida durante longo tempo e aínda non está de todo clara e propúxose que eran unha rama irmá dos Bilateria [10][11], irmá dos Cnidaria [12][13][14][15], irmá dos Cnidaria, Placozoa e Bilateria [9][16][17], ou irmá de todo o resto dos filos animais [18][19][20].

En consecuencia, Cnidaria e Ctenophora considéranse filos separados, e o termo Coelenterata englobando a ambos considérase parafilético e non válido taxonomicamente. Celenterado como sinónimo de cnidario aínda segue aparecendo en moitos libros, pero como termo taxonómico debe usarse Cnidaria.

Para complicar máis este asunto, un traballo de 1997 de Lynn Margulis (revisando un modelo previo de Thomas Cavalier-Smith) sitúa a Cnidaria e Ctenophora sós dentro da rama dos Radiata do subreino Eumetazoa.[21] Os eumetazoos comprenden todos os animais excepto os Porifera (esponxas), Trichoplax, e os aínda pouco comprendidos Mesozoa. Ningunha agrupación é aceptada universalmente;[6] pero poden atoparse na literatura taxonómica. A hipótese dos Coelenterata como grupo foi recentemente reavivada baseándose en datos molecuares, que situarían aos celenterados como un grupo irmán monofilético dos Bilateria.[22]

  1. Encyclopedia Britannica (ver Classification) Ctenophore Cita: "Os ctenóforos e cnidarios eran antes situados xuntos no filo Coelenterata. As autoridades modernas, porén, separaron os cnidarios e os ctenóforos..."
  2. Tree of Life web project (ver a sección Discussion of Phylogenetic Relationships) Cnidaria Cita: "A súa estrutura diploblástica e a súa única abertura corporal e cavidade fixeron pensar que asociaba os cnidarios cos ctenóforos. De feito, ata tempos relativamente recentes o filo Coelenterata considerábase que incluía os animais hoxe situados en Cnidaria e Ctenophora."
  3. Steven H.D. Haddock. A golden age of gelata: past and future research on planktonic ctenophores and cnidarians. (2004). Hydrobiologia 530/531: 549–556, 2004. Gelata Arquivado 26 de outubro de 2005 en Wayback Machine.. Cita: "O nome 'coelenterata' foi utilizado durante longo tempo como unha forma conveniente de describir os organismos dos filos Ctenophora e Cnidaria. Como iso implica un grao de parentesco que se considera hoxe inexacto, esta palabra é normalmente evitada nun contexto taxonómico ou filoxenético rigoroso".
  4. P. A. Meglitsch. Zoología de Invertebrados. (1986). Pirámide. Páxina 117. ISBN 84-368-0316-7.
  5. Ruppert, E.E., Fox, R.S., and Barnes, R.D. (2004). Invertebrate Zoology (7 ed.). Brooks / Cole. ISBN 0-03-025982-7.
  6. 6,0 6,1 NCBI Taxonomy Browser
  7. Wallberg, A., Thollesson, M., , Farris, J.S., and Jondelius, U. (2004). "The phylogenetic position of the comb jellies (Ctenophora) and the importance of taxonomic sampling". Cladistics 20 (6): 558–578. doi:10.1111/j.1096-0031.2004.00041.x.
  8. Philippe, H. (April 2009). "Phylogenomics Revives Traditional Views on Deep Animal Relationships". Current Biology 19: 706–712. doi:10.1016/j.cub.2009.02.052. PMID 19345102. http://www.cell.com/current-biology/retrieve/pii/S0960982209008057. Retrieved 9 setembro 2012
  9. 9,0 9,1 Collins, A.G. (2002). "Phylogeny of Medusozoa and the Evolution of Cnidarian Life Cycles" (PDF). Journal of Evolutionary Biology 15 (3): 418–432. doi:10.1046/j.1420-9101.2002.00403.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de setembro de 2006. Consultado o 2008-11-27. 
  10. Simon Conway Morris, Alberto M. Simonetta, ed. (1991). The Early Evolution of Metazoa and the Significance of Problematic Taxa. Cambridge University Press. p. 308. ISBN 0-521-11158-7. 
  11. Nielsen, C.; Scharff, N.; Eibye‐Jacobsen, D. (1996). "Cladistic analyses of the animal kingdom". Biological Journal of the Linnean Society 57 (4): 385. doi|10.1006/bijl.1996.0023
  12. Rudolf Leuckart (1923). Ueber die Morphologie und die Verwandtschaftsverhältnisse der wirbellosen thiere. Ein Beitrag zur Charakteristik und Classification der thierischen Formen. ISBN 1-245-56027-1. 
  13. Ernst Heinrich Philipp August Haeckel (1896). Systematische Phylogenie Der Wirbellosen Thiere, Invertebrata, Part 2: Des Entwurfs Einer Systematischen Stammesgeschichte. ISBN 1-120-86850-5. 
  14. Libbie Henrietta Hyman (1940). The Invertebrates: Volume I, Protozoa Through Ctenophra. McGraw Hill. ISBN 0-07-031660-0. 
  15. Philippe, H.; Derelle, R.; Lopez, P.; Pick, K.; Borchiellini, C.; Boury-Esnault, N.; Vacelet, J.; Renard, E. et al. (2009). "Phylogenomics Revives Traditional Views on Deep Animal Relationships". Current Biology 19 (8): 706–712. doi:10.1016/j.cub.2009.02.052. PMID 19345102.
  16. Wallberg, A.; Thollesson, M.; Farris, J. S.; Jondelius, U. (2004). "The phylogenetic position of the comb jellies (Ctenophora) and the importance of taxonomic sampling". Cladistics 20 (6): 558. doi:10.1111/j.1096-0031.2004.00041.x.
  17. Pick, K. S.; Philippe, H.; Schreiber, F.; Erpenbeck, D.; Jackson, D. J.; Wrede, P.; Wiens, M.; Alie, A. et al. (2010). "Improved Phylogenomic Taxon Sampling Noticeably Affects Nonbilaterian Relationships". Molecular Biology and Evolution 27 (9): 1983–1987. doi:10.1093/molbev/msq089. PMC 2922619. PMID 20378579. //www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2922619/.
  18. Dunn, C. W.; Hejnol, A.; Matus, D. Q.; Pang, K.; Browne, W. E.; Smith, S. A.; Seaver, E.; Rouse, G. W. et al. (2008). "Broad phylogenomic sampling improves resolution of the animal tree of life". Nature 452 (7188): 745–749. doi:10.1038/nature06614. PMID 18322464.
  19. Hejnol, A.; Obst, M.; Stamatakis, A.; Ott, M.; Rouse, G. W.; Edgecombe, G. D.; Martinez, P.; Baguna, J. et al. (2009). "Assessing the root of bilaterian animals with scalable phylogenomic methods". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 276 (1677): 4261–4270. doi:10.1098/rspb.2009.0896. PMC 2817096. PMID 19759036. //www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2817096/.
  20. Ryan, J. F.; Pang, K.; Comparative Sequencing Program, N.; Mullikin, J. C.; Martindale, M. Q.; Baxevanis, A. D. (2010). "The homeodomain complement of the ctenophore Mnemiopsis leidyi suggests that Ctenophora and Porifera diverged prior to the ParaHoxozoa". EvoDevo 1 (1): 9. doi:10.1186/2041-9139-1-9. PMC 2959044. PMID 20920347. //www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2959044/.
  21. Margulis, Lynn and Karlene V. Schwartz, 1997, Five Kingdoms: An Illustrated Guide to the Phyla of Life on Earth, W.H. Freeman & Company, ISBN 0-613-92338-3
  22. Phillipe, et al., 2009 Phylogenomics revives Traditional Views on Deep Animal Relationships Current Biology 19, 706–712