Castro das Barreiras
O Castro das Barreiras é un castro de chaira situado no lugar de Ogas (Vimianzo), a escasa distancia da capital municipal e ao pé da estrada AC-552. A súa propiedade é pública e pode ser visitado.[1]
Castro das Barreiras | |
---|---|
Parroquia | Cambeda |
Concello | Vimianzo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | 2010-2011 |
Estado actual | Conservado |
Extensión estimada | 0.4 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Características
editarNo castro das Barreiras, aprécianse claramente vestixios do foxo e unha potente muralla que nalgún punto supera os 8 metros de altura. Estas defensas non son habituais nos xacementos castrexos e demostran que este castro foi, no seu día, un poboado importante e que era, probablemente, aínda máis extenso do que se aprecia na actualidade.
Está localizado en pleno val de Vimianzo para poder aproveitar as terras de cultivo e o dominio da zona. Para que os seus moradores o puideran defender tivo que se fortalecer coas súas enormes barreiras. A croa conta cunha superficie duns 4.000 metros cadrados. O eixe maior do recinto ovalado ten 110 metros e se orienta de norte a sur, mentres o seu eixe menor é de 65 metros e vai de leste a oeste. Pertence á coñecida como II Idade de Ferro, entre os séculos II e I a.C.
Despois de sucesivas limpezas, no ano 2010 fíxose a primeira prospección arqueolóxica cuns bos resultados. Descubríronse restos de tres construcións circulares, en moi bo estado de conservación, o que fai pensar que é do mesmo estilo có Castro da Cidá de Borneiro, no concello veciño de Cabana de Bergantiños. Tamén se cre que o xacemento está cheo de vivendas da época. Ademais das construcións, na escavación atopáronse máis de 500 anacos de cerámica e pezas de ferro. No ano 2020 leváronse a cabo novas escavacións, baixo a dirección do arqueólogo Tito Concheiro[2].
Este castro está considerado polos expertos unha xoia dentro do noroeste peninsular. Está pendente a escavación total do xacemento. Arredor deste castro creáronse multitude de lendas ao longo dos anos, e unha das máis populares falaba da existencia dun túnel que conectaba o xacemento co castelo.[3]
Galería de imaxes
editar-
Escavacións de 2020
-
Escavacións de 2020
-
Escavacións de 2020
Notas
editar- ↑ "Castro das Barreiras". Consultado o 2016-07-21.
- ↑ Íñigo Mouzo Riobó (5 de outubro de 2020). "Chanzos na muralla ou indicios dun novo urbanismo, estes foron os excepcionais achados de 2020 nas Barreiras". Historia de Galicia.
- ↑ "Concello de Vimianzo. Roteiro turístico. Castro das Barreiras". vimianzo.es. Consultado o 21-07-2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castro das Barreiras |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
editar- Lema Suárez, Xosé María; Mouzo Lavandeira, Roberto (1998). O castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira. A Coruña: Deputación da Coruña.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Castro das Barreiras na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.