Carucedo
Carucedo é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE) en 2012 tiña unha poboación de 655 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de León | ||||
Capital | Carucedo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 495 (2023) (14,14 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 35 km² | ||||
Altitude | 515 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Alfonso Fernández Pacios | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 24442 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 24041 | ||||
Páxina web | carucedo.es |
Xeografía
editarCarucedo se encontra no oeste da provincia de León, na comarca do Bierzo a 24 km de Ponferrada. Está situado a 594 metros de altitude. O concello ten unha superficie de 35,27 km² e ten unha densidade de poboación de 18,4 h/km².
No concello se encontra o lago de Carucedo, cun perímetro aproximado de 5 km e unha profundidade máxima de 9 m, que ten a súa orixe na explotación aurífera das Médulas.
Poboación
editarClima
editarCarucedo ten un clima Csb[2] (temerado con verán seco e temerado) segundo a clasificación climática de Köppen.
Valores promedio en Carucedo | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura media (°C) | 4,5 | 6,1 | 9,1 | 10,6 | 14,0 | 17,7 | 20,4 | 20,3 | 17,3 | 12,7 | 8,2 | 5,2 | |
Precipitacións (mm) | 85,8 | 62,5 | 50,7 | 59,4 | 59,7 | 29,4 | 20,9 | 21,5 | 48,5 | 76,8 | 91,1 | 97,1 | |
Fonte: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Datos de precipitación para o período 1983-2003 e de temperatura para o período 1983-2003 en Carucedo[3] |
Política
editarAs últimas eleccións municipais deixaron a situación de Carucedo deste xeito:
Eleccións municipais, 22 de maio de 2011[4] | |||||
Partido | Votos | % | Concelleiros | ||
PSOE | 294 | 56,43 | 4 | ||
PP | 214 | 41,07 | 3 |
- Alcalde electo: Clemades Rodríguez Martínez (PSOE).
Historia
editarOs primeiros datos documentados de Carucedo se remontan ao foro outorgado polo rei galaico-leonés Afonso IX en 1213, polo cal cada habitante debería pagar catro soldos nas calendas de marzo, polo que a cambio quedaba exento de calquera outra exacción fiscal.
Patrimonio
editar- Lago de Carucedo: a súa orixe é consecuencia da explotación aurífera romana nas Médulas. Ten un gran valor ecolóxico pola súa fauna e flora.
- As Médulas: paraxe formado pola antiga explotación mineira romana que extraía ouro na zona. En 1997 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
- Carucedo conta cunha igrexa románica que contén unha das pezas de pratería máis importantes do Bierzo datada no século XVIII.
Economía
editarActualmente, a agricultura e o turismo son as principais actividades económicas do concello.
Parroquias
editarAs parroquias que compoñen Carucedo son:
- A Barosa
- A Campañá
- O Carril
- Carucedo
- Forcadas
- Lago de Carucedo
- As Médulas
- Penarrubia
- A Valouta
- Vilarrando
Provincia de León | Parroquias e lugares de Carucedo | |
---|---|
A Barosa | A Campañá | O Carril | Carucedo | Lago de Carucedo | As Médulas | Vilarando |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carucedo |
Notas
editar- ↑ El plurilingüismo en España. María Teresa Turell, 2007. p 154
- ↑ aemet.es, Atlas climático ibérico.
- ↑ "Promedios mensuales - Carucedo, ESP". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 02 de decembro de 2013.
- ↑ Resultados das eleccións municipais do 2011 en Carucedo