Carl Lampert, nado en Göfis (Austria) o 9 de xaneiro de 1894 e executado en Halle (Saxonia-Anhalt, Alemaña) o 13 de novembro de 1944, foi un sacerdote católico oposto ao nazismo.

Modelo:BiografíaCarl Lampert

(1918) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1894 Editar o valor en Wikidata
Göfis, Austria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte13 de novembro de 1944 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Halle (Saale), Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, decapitación Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico, membro da resistencia, sacerdote Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa13 de novembro Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Ordenado sacerdote en 1918, foi un experto en Dereito canónico ata o punto de que se trasladou a Roma, onde traballou como avogado do Tribunal da Rota. En 1935 volveu a Austria, onde amosou a súa distancia con Anschluss. En 1939 foi nomeado provigario da Administración Apostólica de Insbruck Feldkirch.

A súa visión crítica contra o totalitarismo, o racismo e o belicismo nazis eran coñecidas, polo que foi arrestado en varias ocasións e enviado en 1940 ao campo de concentración de Dachau en Baviera por presunta actividade contra o Reich. Sufriu malos tratos e torturas. Estivo tamén no campo de concentración de Stettin.

En 1941 foi desterrado. As súas chamadas telefónicas e a súa correspondencia foron sistematicamente interceptadas. Ao non dar mostras de retractarse, foi imputado por hostilidade contra Alemaña, difusión de informacións inconvenientes e escoita de transmisións inimigas. Con estas acusacións foi arrestado de novo o 4 de febreiro de 1943. Tras tres prolongados procesos, foi finalmente condenado. O 13 de novembro de 1944 morreu decapitado xunto con outros dous sacerdotes: Herbert Simoleit e Fiedrich Lorenz.

Foi beatificado por Bieito XVI.