Campanuláceas

(Redirección desde «Campanulaceae»)
Campanulaceae

Campanula trachelium
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Campanulaceae
Juss.
Xéneros

Ver texto

Sinonimia
  • Cyananthaceae
  • Cyphiaceae
  • Cyphocarpaceae
  • Jasionaceae
  • Lobeliaceae
  • Nemacladaceae
  • [1]

A familia Campanulaceae (as campanuláceas), da orde Asterales, contén uns 90 xéneros e 2200 especies. Na súa maioría son sobre todo herbas, arbustos, e algunhas árbores pequenas, que teñen xeralmente un (zume) leitoso tóxico.

Localización

editar

Esta familia é de distribución case cosmopolita mais concentrada no hemisferio norte. Con todo no hemisferio sur, África do Sur é especialmente rica en membros desta familia. Estas especies atópanse ausentes do Sáhara, Antártida e o norte de Groenlandia.

A maioría das clasificacións actuais inclúen a familia antes separada Lobeliaceae en Campanulaceae.

Morfoloxía

editar

As follas destas especies son a miúdo alternas, máis raramente opostas. Son tamén simples e sen estípulas.

As flores son bisexuais, campaniformes, consistindo nun estreito tubo como corola con pequenos lóbulos que sobresaen. As flores son a miúdo azuis.

Os froitos xeralmente son bagas, pero tamén poden ser cápsulas.

Ten as seguinte subfamilias: Campanuloideae - Cyphioideae - Lobelioideae

Xéneros de Campanulaceae

editar

Galería de fotos

editar

Ligazóns externas

editar