O Consello de Axuda Mutua Económica (CAME ou Comecon) foi unha organización de cooperación económica formada ao redor da Unión Soviética polos países do chamado socialismo real e cuxos obxectivos eran o fomento das relacións comerciais entre os estados membro nun intento de contrapesar aos organismos económicos internacionais de economía capitalista, así como presentar unha alternativa ao denominado Plan Marshall desenvolvido polos Estados Unidos para a reorganización da economía europea tras a segunda guerra mundial. Existiu entre xaneiro 1949 e abril de 1991.

COMECON
Logo
Tipoorganización internacional
Data de fundación25 de xaneiro de 1949
Data de disolución28 de xuño de 1991
SedeMoscova
55°45′12″N 37°34′37″L / 55.75343, 37.576903
Na rede
BNE: XX144227
editar datos en Wikidata ]

Por impulso da Unión Soviética, os membros do CAME dividiron o traballo entre os distintos países, creando zonas produtoras de materias primas, siderurxia, industria petroquímica etc., coincidindo con cada país, o que acentuaba a dependencia de todos eles da Unión Soviética que nalgunhas ocasións representaba o 40% dos intercambios entre os mesmos.

A súa fase de maior expansión internacional coincidiu cos anos 1970, cando controlaba o 10% do tráfico mundial de mercadorías. O 28 de xuño de 1991, cando se disolveu, apenas representaba o 6%.

Países integrantes

editar
 
Membros do CAME a finais dos anos 1980
     membro      membros que non participaron      asociados      observadores

Iugoslavia tiña categoría de membro asociado, en tanto como observadores fóronse unindo Afganistán, Angola, Etiopía, Finlandia, Laos, México, Mozambique, Nicaragua e Iemen do Sur.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar