Blas de Lezo
Blas de Lezo y Olavarrieta (ou Olabarrieta) nado en Pasaia, Guipúscoa o 3 de febreiro de 1689 e finado en Cartaxena de Indias, Nova Granada (Colombia hoxe) o 7 de setembro de 1741, primeiro marqués de Ovieco (a título póstumo) foi un almirante español coñecido como Patapalo ou máis tarde como Mediohome, polas moitas feridas sufridas ao longo da súa vida militar,[1] é considerado un dos mellores estrategos da historia da Armada Española.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Blas de Lezo y Olavarrieta 3 de febreiro de 1689 birth house of Blas de Lezo (España) |
Morte | 7 de setembro de 1741 (52 anos) Cartaxena de Indias, Colombia |
Outros nomes | Mediohombre Almirante patapalo Anka motz |
Actividade | |
Campo de traballo | Exército |
Ocupación | oficial da armada, comandante, soldado |
Período de actividade | 1704 - |
Carreira militar | |
Rama militar | sen valor |
Rango militar | tenente xeneral |
Conflito | Guerra de Sucesión Española Guerra da orella de Jenkins |
Cronoloxía | |
13 de marzo de 1741-20 de maio de 1741 | Batalla de Cartaxena de Indias |
Biografía
editarPrimeiros anos
editarBlas de Lezo pertencía a unha ilustre familia de mariñeiros entre os seus antepasados, nunha cidade dedicada case exclusivamente ao mar. Foi educado nunha escola en Francia e deixouna en 1701. Naquela época, a Mariña francesa estaba aliada con España na Guerra de Sucesión Española, que comezou á morte sen descendentes de Carlos II. Dado que Lois XIV quería os maiores intercambios de oficiais entre os exércitos e as frotas de España e Francia, embárcase Lezo, sendo aínda un adolescente na frota francesa, enrolándose aos 17 anos como gardamariña[3] ao servizo do conde de Tolosa, Luís Alexandre de Borbón, fillo lexitimado de Lois XIV.
Carreira militar
editarA súa carreira militar comeza en 1701 como aspirante na mariña francesa á idade de 12 anos. En 1704 enroláse como gardamariña, participou como membro da tripulación da frota franco-española na batalla de Vélez-Málaga, ese mesmo ano perdería a perna esquerda debido a unha bala de canón, foi esta unha das batallas navais máis importante da Guerra de Sucesión Española, na que se enfrontaron as escuadras anglo-holandesa e a franco-española. Unha dura batalla na que Blas continuou, aínda que ferido, no seu posto de combate. Despois tívoselle que amputar sen anestesia, o membro por debaixo do xeonllo. Contan as crónicas que o rapaz non proferiu un só lamento durante a operación.[3]
Debido ao valor demostrado tanto naquel transo coma no propio combate, ascende en 1704 a Alférez de Barco de Alto Bordo por Lois XIV de Francia. Ofréceselle ser asistente de cámara da Corte de Filipe V de España. Seguiu o seu servizo a bordo de diferentes buques, tomando parte nas operacións que tiveron lugar para socorrer as prazas de Peñíscola e Palermo; no ataque ao navío inglés "Resolution" de 70 canóns, que rematou coa queima deste, así como no apresamento de dous navíos inimigos que foron conducidos a Pasaia e Baiona. Evidentemente necesitou unha longa recuperación e rexeitou estar na Corte, pois ambicionaba coñecer as artes mariñeiras e converterse nun gran comandante. En 1705 volve a bordo e aprovisiona a asediada Peñíscola.
Continúa patrullando o Mediterráneo, apresando numerosos barcos ingleses e realizando valentes manobras cunha ousadía inusitada. Tanto é así que se lle premia permitindo que leve as súas presas a Pasaia, a súa vila natal. Pero deseguida é requirido polos seus superiores e en 1706 ordénaselle abastecer os asediados de Barcelona ao mando dunha pequena flotilla. Servíndose da súa aguda intelixencia, realiza brillantemente o seu labor, escapa unha e outra vez do cerco que establecen os ingleses para evitar o aprovisionamento.
Os británicos vense impotentes ante tal despregue de enxeño. Posteriormente destínano á fortaleza de Santa Catalina de Tolón, onde toma contacto coa defensa dende terra firme en combate contra as tropas do príncipe Uxío de Savoia. Nesta acción e tras o impacto dunha bala de canón na fortificación, unha estela alóxaselle no ollo esquerdo, que explota no acto, perdendo así para sempre a vista deste.
Tras unha breve convalecencia é destinado ao porto de Rochefort-en-Yvelines, onde o ascenden a Tenente de Gardacostas en 1707. Alí realizará outra gran xesta rendendo en 1710 unha decena de barcos inimigos, o menor de 20 pezas. Por estas datas ten lugar o referido combate co "Stanhope" (nave da East Indiaman) mandado por John Combs, que o triplicaba en forzas. Mantívose un canoneo mutuo ata que as manobras de Lezo deixaron ao barco inimigo a distancia de abordaxe, momento no que ordenou lanzasen os ganchos para levalo a cabo. Deste modo, con tripulacións moi inferiores en número, os navíos españois lograban apresar outros con moita maior dotación e porte. Blas de Lezo cubriuse de gloria en tan fenomenal enfrontamento, no que mesmo é ferido, sendo ascendido a Capitán de Fragata.
En 1712 pasa a servir na Armada Española baixo as ordes de Andrés de Pez. Este afamado almirante quedou marabillado ante a valía de Lezo e emitiu varios escritos que lle valeron o seu ascenso a Capitán de Navío un ano máis tarde. Posteriormente participou no asedio de Barcelona ao mando do "Campanella", no que o 11 de setembro de 1714, ao achegarse con demasiado ímpeto ás súas defensas, recibe un balazo de mosquete no antebrazo dereito, quedando a extremidade sen apenas mobilidade ata o fin dos seus días.
Deste xeito con só 25 anos temos ao mozo Blas de Lezo vesgo, manco e coxo. Nesa época, e ao mando dunha fragata, apresou once navíos británicos, entre eles o emblemático "Stanhope", navío de gran poder ofensivo.
En 1715, ao mando de "Nuestra Señora de Begoña", e xa reposto das súas feridas, diríxese cunha gran frota a reconquistar Mallorca, que se rende sen un só disparo.
Rematada a guerra de Sucesión de España, despois de sete anos neste servizo, recaeu, á fin en Lezo o mando desas forzas navais do mar do Sur, o 16 de febreiro de 1723, capturando seis navíos de guerra, por un valor, só da súa carga, de 3 000 000 de pesos; tres deles agregáronse á Armada Real. Durante este período realiza numerosas saídas nas que sostén combates, limpando as augas de Chile e o Perú, de corsarios inimigos. Permaneceu nos mares do Sur ata o ano 1730, en que foi chamado a España por orde do Rei para serlle entregado o mando da frota mediterránea como Xefe de escuadra en recompensa aos seus valiosos servizos. Enviado logo a Xénova para reclamar os dous millóns de pesos que debe a República de Xénova a España. Considerando que a honra da bandeira española está en xogo, non vacila en ameazar con bombardear a cidade.
En 1732, ao mando dunha frota de 54 buques que acompañan a José Carrillo de Albornoz e 30 000 homes para recuperar a cidade de Orán en poder do Imperio Otomán. Hassan Bay chega a reunir as súas tropas e preto a cidade. Lezo volve á carga con seis buques e 5 000 homes e expulsa os berberiscos despois dun duro combate. Non contento disto, aínda conduce o "Santiago", o seu buque almirante de 60 canóns, no refuxio corsario, un bastión defendido por dous fortes e 4 000 mouros na baía de Mostagan, e inflixe á cidade e a ambos os dous fortes estragos moi importantes. Esperando reforzos de Orán, mantén durante meses o bloqueo naval, pero unha epidemia obrígao a volver a Cádiz.
En 1734 o rei noméao Tenente Xeneral da Armada Real. Retorna de novo en América co buques "Forte" e "Conquistador" en 1737 como gobernador de Cartaxéna. En 1739, a Guerra da orella de Jenkins opón o Reino de Gran Bretaña a España.
En marzo de 1741, encabezou a defensa de Cartaxena de Indias puxo cara a frota inglesa do almirante Edward Vernon e o xeneral Thomás Wentworth composta de 186 navires, armados duns 2.000 canons e cun exército de 23.600 homes, asedian Cartaxéna. Blas de Lezo, só dispón de 3.000 soldados regulares, 600 arqueiros indios, e as tripulacións dos seus seis buques de liña. Non obstante pode contar coa defensa sólida da cidade, a súa preparación minuciosa, e a súa experiencia dos 22 combates levados ata aquí.
A colosal batalla durará 67 días. A derrota das forzas británicas é alí a máis humillante. De Lezo morrerá apenas algúns meses despois desta defensa, que sería a súa máis grande vitoria. O control da praza colombiana, considerada estratexicamente como a "chave de Indías" foi a clave para manter o dominio español na América.
Unha epidemia de peste, provocada pola gran cantidade de cadáveres non sepultados despois da batalla sería a causa da súa morte. Foi logo enterrado nunha fosa de emprazamento descoñecido.[4]. Algúns anos máis tarde o rei Carlos III outorgou un marquesado ao seu fillo primoxénito.[5]
Matrimonio e descendencia
editarO 5 de maio de 1725 contraeu matrimonio en Lima coa dama crioula Josefa Pacheco Bustios, natural de Locumba (actual Tacna), e filla dos tamén crioulos José Carlos Pacheco y Benavides, e María Nicolasa de Bustios y Pazos. Desta unión tivo a seguinte descendencia:
- Blas Fernando de Lezo y Pacheco, primeiro Marqués de Ovieco. Con sucesión.
- Tomás de Lezo y Pacheco gobernador de Santa Cruz da Serra.
- Ignacia Antonia de Lezo, casada co Marqués de Tabalosos. Con sucesión.
A súa memoria
editarA Armada Española honra a súa memoria co maior privilexio que se lle pode dar a un mariño, nomeando un barco co seu nome. O último bautizado co nome de Lezo é unha fragata da clase Álvaro de Bazán: a Fragata Blas de Lezo (F103). Outros barcos que levaron o seu nome foron o Cruceiro Blas de Lezo, que afundiu en 1932 fronte ás costas de Fisterra e o destrutor Blas de Lezo (D65) (1973-1991).
A Armada de Colombia tamén tivo un buque petroleiro co nome do almirante, “ARC Blas de Lezo (BT-62)” [6], ex “USS Kalamazoo (AOG-30)”, que foi adquirido á U.S. Navy en 1947, dado de baixa en 1965.
Blas de Lezo é lembrado nunha placa exposta no Panteón de Mariños Ilustres de San Fernando (provincia de Cádiz), tamén ten outra placa en El Puerto de Santa María, onde residiu coa súa familia. A súa esposa Josefa, coñecida como La Gobernaora, viviu dende 1736 ata a súa morte o 31 de marzo de 1743, e foi sepultada no Convento de Santo Domingo.[7]
O 15 de novembro de 2014 o Rei Juan Carlos I inaugurou nos Xardíns do Descubrimento da Praza de Colón de Madrid unha escultura en bronce de 3,5 metros -7 metros en total contando co monólito-pedestal- coa efixie do almirante, situada moi próxima a outros dous monumentos de mariños ilustres da Armada Española como foron Cristovo Colón e Jorge Juan y Santacilia.[8]
O impulsor do monumento, Íñigo Paredes, recolleu 17.700 firmas nunha petición popular, e permitiu recadar 150.000 euros entre cidadáns dá pé para construír a estatua (obra de Salvador Amaya).[9]
Existen varias rúas adicadas ao seu nome en numerosas poboacións do territorio español, desde a súa localidade de nacemento, Pasaia, ata as Illas Canarias, pasando por outras en Valencia, Alacant, Donostia, Irún, Almería, Málaga, Fuengirola etc.
Notas
editar- ↑ Arturo Pérez-Reverte (23-8-2010). PerezReverte.com, ed. "El vasco que humilló a los ingleses" (en castelán). Consultado o 24/12/2013.
- ↑ "Batalla de Cartagena de Indias (Guerra de la oreja de Jenkins)" (en castelán). Consultado o 24/12/2013.
- ↑ 3,0 3,1 Blas de Lezo en ABC
- ↑ Tras la tumba del gran héroe de Cartagena
- ↑ Ramos Oliver
- ↑ Petroleiro Blas de Lezo
- ↑ "Blas de Lezo, de mediohombre a héroe del mar" Arquivado 26 de decembro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ El rey Juan Carlos I inaugura el monumento a Blas de Lezo en Madrid
- ↑ Una estatua reabre la guerra de 1714 El País (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Blas de Lezo |
Ligazóns externas
editar- Subscrición popular en La Vanguardia (en castelán).
- Exposición no Museo Naval (en castelán)
- Almirante, coxo, manco e chosco (en castelán)
- Blas de Lezo, valor de Mediohome (en castelán)
- Historia naval de la Real Armada española (siglos XVIII–XIX) (en castelán)
- Artigo sobre Don Blas de Lezo y Olabarrieta en eGC (en castelán)
- "El vasco que salvó al Imperio español", de José Manuel Rodríguez (en castelán)
- O almirante de Lezo e a súa relación con El Puerto de Santa María, de Juan Ignacio Domínguez gil (en castelán)
- La Guerra de la Oreja de Jenkins. Combates en el Caribe. Operaciones principales, de Santiago Gómez (en castelán)
- Que foi de Blas de Lezo? (en castelán)
Bibliografía
editar- EL HEROE DEL CARIBE J. Pérez-Foncea, LIBROS LIBRES, 2012, ISBN 978-84-15-57005-9
- LA FORJA DEL HEROE, Gerardo del Castillo, Editorial: Ediciones Rialp S.A. (2013) ISBN 978-84-321-4294-9
- NAVES MANCAS: LA ARMADA ESPAÑOLA A VELA, Carlos Canales, Miguel del Rey, EDAF,2011, ISBN 978-84-89779-68-6
- EL DIA QUE ESPAÑA DERROTO A INGLATERRA, Pablo Victoria, ALTERA 2005, ISBN 978-84-89779-68-6
- BLAS DE LEZO Y LA DEFENSA HEROICA DE CARTAGENA DE INDIAS, José Antonio Crespo-Francés, Editorial ATAS, ISBN 978 84-9739-147-7