Billy the Kid
Henry McCarty, nado posiblemente en Nova York o 23 de novembro de 1859 e finado en Fort Sumner, Novo México o 14 de xullo de 1881 foi un pistoleiro estadounidense coñecido como William H. Bonney e máis popularmente como Billy the Kid ("Billy o neno"), que participou na guerra do condado de Lincoln. É coñecido por matar oito homes.[1][2]
Nome orixinal | (en) Patrick Henry McCarthy (en) William Henry Bonney |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Patrick Henry McCarthy 23 de novembro de 1859 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 14 de xullo de 1881 (21 anos) Fort Sumner, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Old Fort Sumner Cemetery (en) |
Outros nomes | William H. Bonney |
Actividade | |
Ocupación | pistoleiro, asasino en serie, Shériff, ranch hand (en) , gambler (en) , Cowboy, bandoleiro |
Participou en | |
18 de febreiro de 1878 | Guerra do Condado de Lincoln (pt) |
Outro | |
Condenado por | asasinato (1881) → (execución extraxudicial) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Antes de comezar a empregar o pseudónimo "William Bonney", o primeiro arresto de McCarty foi por roubar comida a finais de 1875 e cinco meses despois foi detido por roubar roupa e armas. Dous días despois escapou da prisión e marchou dende o territorio de Novo México ao de Arizona, converténdose entón en foraxido e fuxitivo federal. Tras asasinar un ferreiro nun altercado en agosto de 1877, Bonney pasou a ser un home buscado en Arizona e volveu a Novo México, onde se uniu a un grupo de ladróns de gando. Fíxose célebre na rexión cando se uniu aos Regulators e tomou parte na guerra do condado de Lincoln. En abril de 1878, os Regulators mataron tres homes, incluíndo o shériff do condado William J. Brady e un dos seus axudantes. Bonney e dous outros Regulators foron acusados da morte dos tres homes.
A fama de Bonney aumentou en decembro de 1880 cando o Las Vegas Gazette en Las Vegas, Novo México, e The Sun en Nova York publicaron historias dos seus crimes.[3] O shériff Pat Garrett capturou a Bonney ese mesmo mes. En abril de 1881, Bonney foi xulgado e condenado polo asasinato de Brady, e foi sentenciado á forca en maio dese ano. Fuxiu do cárcere o 28 de abril de 1881, matando dous axudantes do shériff e permaneceu escapado durante máis de dous meses. Garret disparou e matou a Bonney en Fort Sumner o 14 de xullo de 1881. Durante as seguintes décadas, houbo lendas que dicían que Bonney sobrevivira a aquela noite e varios homes afirmaron ser el.[4]
Notas
editar- ↑ Rasch 1995, pp. 23–35.
- ↑ Wallis 2007, pp. 244–245.
- ↑ Utley 1989, pp. 145–146.
- ↑ "The Old Man Who Claimed to Be Billy the Kid". Atlas Obscura (en inglés). 30 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2017. Consultado o 19 de xullo de 2017.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Rasch, Philip J. (1995). Trailing Billy the Kid. Stillwater, Oklahoma: Western Publications. ISBN 978-0-935269-19-2.
- Utley, Robert M. (1989). Billy the Kid: A Short and Violent Life. Lincoln, Nebraska: University of Nebraska Press. ISBN 978-0-8032-9558-2. OCLC 37868038. Consultado o 12 de maio de 2016.
- Wallis, Michael (2007). Billy the Kid: The Endless Ride. New York: W. W. Norton & Co. ISBN 978-0-393-06068-3. OCLC 77270750. Consultado o 21 de novembro de 2017.
Ligazóns externas
editar- Billy the Kid Territory – guía do departamento de turismo de Novo México