Baldomar, Begonte
parroquia civil do concello de Begonte
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Baldomar.
San Xoán de Baldomar é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) tiña 61 habitantes (30 homes e 31 mulleres), dous menos ca en 2014 (32 homes e 31 mulleres) e ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación.
Baldomar | |
---|---|
Igrexa de San Xoán de Baldomar. | |
Concello | Begonte[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°08′35″N 7°40′28″O / 43.142956526272, -7.6745277076815 |
Poboación | 60 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo Baldomar ten orixe no nome de posuidor Baldemarus.[2]
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de San Xoán, tamén chamada santuario de San Bieito de Palermo,[3] ten unha imaxe da Virxe Peregrina.[4] Sitúase a carón da estrada N-VI, e no adro hai un cruceiro,[5] e a uns 300 metros do templo hai unha fonte de 1881 cunha capeliña.[6]
Galería de imaxes
editarLugares e parroquias
editarLugares de Baldomar
editarLugares da parroquia de Baldomar no concello de Begonte (Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Begonte
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. p. 19. ISBN 978-84-947823-2-9.
- ↑ Santuário de Sam Bieito de Palermo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ "Patrimonio relixioso". Concello de Begonte.
- ↑ Cruzeiro de Baldomar na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Fonte de Sam Bieito de Palermo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.