Avemaría
A avemaría é unha oración que saúda a Virxe María baseada nos episodios da Anunciación e da Visitación (Lucas 1:28-42). Segundo san Lois María Gringnon de Montfort, cada vez que se reza a avemaría, a Virxe María no ceo loa a Deus por nós co seu canto, o magníficat (Lucas 1:46-55).
Texto da oración
editarVersión galega
editar- Deus te salve, María,
- chea es de graza,
- o Señor é contigo,
- bieita ti sexas entre tódalas mulleres,
- e bieito é o froito do teu ventre, Xesús.
- Santa María, nai de Deus,
- prega por nós, pecadores,
- agora e na hora da nosa morte.
- Amén.
Versión latina
editar- Ave, Maria, gratia plena;
- Dominus tecum:
- benedicta tu in mulieribus,
- et benedictus fructus ventris tui Iesus.
- Sancta Maria, Mater Dei,
- ora pro nobis peccatoribus,
- nunc et in hora mortis nostrae.
- Amen.