Antitoxina
Unha antitoxina é un anticorpo coa capacidade de neutralizar unha toxina específica. As antitoxinas son producidas por certos animais, plantas e bacterias en resposta á exposición a unha toxina. Aínda que son máis efectivas neutralizando toxinas, poden tamén matar bacterias e outros microorganismos. As antitoxinas prodúcense no interior dos organismos e poden ser inxectadas noutros organismos, incluíndo os humanos, para tratar unha doenza infecciosa. Este procedemento implica inxectar un animal cunha cantidade segura dunha determinada toxina. O corpo do animal fabrica despois a antitoxina necesaria para neutralizar a toxina. Posteriormente, extráese sangue do animal e obtense a antitoxina do sangue, e despois purifícase e inxéctase no ser humano ou noutro animal, inducindo nel unha inmunidade pasiva temporal. Para impedir que se orixine a enfermidade do soro, adoita ser mellor usar unha antitoxina obtida da emsma especie (por exemplo, unha antitoxina humana para tratar humanos).
Historia das antitoxinas
editarAs antitoxinas contra a difteria e contra a toxina tetánica foron producidas por Emil Adolf von Behring e os seus colegas desde 1890 en adiante. O uso da antitoxina diftérica para o tratamento da difteria (causada pola toxina difterica) foi considerado pola revista The Lancet como "o avance máis importante do Século [XIX] no tratamento médico de enfermidades infecciosas agudas".[1][2]
En 1888, Behring foi enviado a Berlin para facer un breve servizo na Academia de Medicina Militar. En 1889, uniuse ao Instituto da Hixiene da Universidade de Berlin, que entón dirixía Robert Koch. Entre 1889 e 1895, Behring desenvolveu as súas ideas pioneiras sobre a terapia sérica e a súa teoría das antitoxinas.[3]
Antes, en 1887, en Bonn, Behring descubrira que o soro de ratas brancas inmunes ao tétano contiña unha substancia que neutralizaba o bacilo do ántrax. Considerou que era a acausa da “resistencia”.[3]
O 4 de dcembro de 1890, Behring e Kitasato Shibasaburō publicaron o seu primeiro artigo sobre terapia do soro sanguíneo.[3] O 11 de decembro, outro informe, asinado por Behring, fixo unha valoración a terapia do soro sanguíneo non só no tratamento do tétano, senón tamén da difteria.
Cando Paul Ehrlich demostrou en 1891 que incluso os velenos vexetais causaban a formación de antitoxinas nun organismo, a teoría de Behring quedou confirmada.[3]
En 1924 desenvolveuse unha antitoxina contra a escarlatina, simultaneamente por Raymond Dochez e Gladys e George Frederick Dick.[4][5]
Notas
editar- ↑ (Report) (1896). "Report of the Lancet special commission on the relative strengths of diphtheria antitoxic antiserums". Lancet 148 (3803): 182–95. PMC 5050965. doi:10.1016/s0140-6736(01)72399-9.
- ↑ Dolman, C.E. (1973). "Landmarks and pioneers in the control of diphtheria". Can. J. Public Health 64 (4): 317–36. PMID 4581249.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Emil von Behring Facts, information, pictures | Encyclopedia.com articles about Emil von Behring". www.encyclopedia.com. Consultado o 2016-05-17.
- ↑ Cushing, H. B. Results of the Use of Scarlet Fever Antitoxin *. Canadian Medical Association Journal. August, 1926, pg. 936.
- ↑ Zingher, Abraham . The Dick Test and Active Immunization with Scarlet Fever Streptococcus Toxin *. American Journal of Public Health. November, 1924, pg. 955.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- http://www.medterms.com/script/main/art.asp?articlekey=2289 Arquivado 21 de marzo de 2013 en Wayback Machine.
- Antitoxins Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.