Anchorage
Anchorage é unha cidade estadounidense, capital do estado de Alasca. En 2012 tiña 298 610 habitantes[1] (380 821 residentes incluíndo os arrabaldes),[2], o que a converte na cidade máis poboada de Alasca.
Dgheyay Kaq' / Dgheyaytnu (mis) | |||||
Lema | «Big Wild Life» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Alcume | The City of Lights and Flowers | ||||
Epónimo | Ancoradouro (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Alasca | ||||
Borough | Anchorage Municipality (en) | ||||
Capital de | |||||
Capital | sen valor | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 291.247 (2020) (57,84 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 118.640 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Anchorage metropolitan area (en) (Poboación:398.328) | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 5.035,063041 km² | ||||
Auga | 12,2 % | ||||
Altitude | 31 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1914 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Anchorage, Alaska (en) | Suzanne LaFrance (pt) (2024–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 99501–99524, 99530, 99501, 99504, 99509, 99512, 99516, 99520 e 99523 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 907 | ||||
Código de departamento INSEE | 02020 | ||||
Identificador GNIS | 1398242 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | muni.org |
Anchorage está situada no centro sur de Alasca, situada nunha península triangular, limitada ao leste polos Montes Chugach. Conta con aeroporto internacional e porto marítimo. A economía baséase nas actividades públicas e militares, no petróleo e no turismo.
Historia
editarA diferenza de todas as outras grandes cidades do sur de Alasca, en Anchorage a pesca ou a minaría non foron as razóns polas que se empezou a asentar xente no lugar. Comezou a medrar ao ser, no 1914, empregada como porto para a construción do ferrocarril Alaska Railroad, que se construíu entre 1915 e 1923. Logo se estableceu un campamento importante. A economía nos seus anos vinte baseábase no ferrocarril. Entre os trinta e os cincuenta, a cidade experimentou un crecemento masivo debido aos militares e ao transporte aéreo. O aeroporto de Merrill Field abriu en 1930, e o aeroporto internacional de Anchorage fíxoo en 1951. As instalacións militares de Elmendorf Air Force Base e Fort Richardson foron construídas nos anos corenta.
O terremoto do Venres Santo provocou moitos danos o 27 de marzo de 1964 cunha magnitude de momento de 9,2. Matou 114 habitantes de Alasca e causou numerosos danos materiais. Reconstruiríase na segunda metade dos sesenta a cidade.
En 1968 descubriuse petróleo na baía Prudhoe, que incrementou máis a súa poboación. Despois, en 1975, crearíase o municipio de Anchorage, a partir da City de Anchorage e da Anchorage Area Borough (que incluía Eagle River, Girdwood, Glen Alps, ...).
Xeografía
editarAnchorage está situada na parte central do estado a 61º de latitude norte, mesma latitude que as cidades de Estocolmo e San Petersburgo.
A cidade áchase sobre unha península triangular, rodeada polos Montes Chugach.
Clima
editarDurante o verán a temperatura diúrna é bastante agradable, entre 13 e 21 °C, mentres que no inverno, a temperatura media descende a –7 e até –15 °C e a cidade reloce unha grosa capa de neve.
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temperatura máxima media (°C) | -5,9 | -3,4 | 0,6 | 6,0 | 12,4 | 16,4 | 18,4 | 17,2 | 12,9 | 4,7 | -2,7 | -5,3 | |
Temperatura mínima media (°C) | -13,1 | -11,4 | -7,7 | -1,9 | 3,8 | 8,4 | 10,9 | 9,7 | 5,3 | -1,8 | -9,4 | -12,2 | |
Precipitacións (mm) | 20,1 | 19,8 | 17,5 | 17,0 | 18,5 | 29,0 | 43,4 | 62,0 | 68,6 | 51,6 | 28,2 | 28,4 | |
Fonte: [1] Arquivado 13 de outubro de 2009 en Wayback Machine. |
Economía
editarAnchorage é un porto que recibe máis do 95 % de todo o transporte de mercadorías de Alasca. As maiores industrias inclúen o petróleo e o turismo. Hai dúas bases militares americanas facendo fronteira con Anchorage polo norte: a Base Aérea de Elmendorf e o Forte Richardson. Case todos os turistas que van ao Interior do Alasca pasan por Anchorage sendo frecuento velos no verán pola cidade.
Linguas
editar86'4% inglés, 4% castelán, 1'5% tagalo, 1'4% coreano, 0'8% alemán, 1'4% linguas nativas (atabasco, esquimó, aleutiano)
Notas
editar- ↑ "Annual Estimates of the Population for Incorporated Places in Alaska". United States Census Bureau. 2008-07-01. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2010. Consultado o 5 de agosto de 2009.
- ↑ "Anchorage municipality, AK; Anchorage, AK Metro Area - ACS Demographic and Housing Estimates:2006". U.S. Census Bureau. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2020. Consultado o 5 de agosto de 2009.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anchorage |